Actualidade

Un total de 24 emprendedores participaron na cuarta edición da aceleradora, que promove a Xunta coa colaboración da Escola de Organización Industrial (EOI). Os novos empresarios ofrecen produtos e servizos que revalorizan os recursos do territorio e inciden na implantación de tecnoloxías 4.0. Entre as actividades impulsadas resaltan as enfocadas a servizos culturais e formativos, audiovisuais, de deseño industrial ou a produción agroalimentaria sostible. O espazo de aceleración ferrolán apoiou desde 2016 un total de 87 plans de emprendemento dos que 38 xa están en marcha.

Cabana de Bergantiños acolleu hoxe a presentación das iniciativas emprendedoras desenvoltas na aceleradora, na que colaboran a Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI). Os 23 novos empresarios escolleron ámbitos de actividade como novos servizos relacionados co transporte, o soporte á dixitalización da construción e a enxeñaría, a agroalimentación e a industria da saúde, entre outros. Os participantes contaron con asesoramento especializado e titoría personalizada no centro social do municipio coruñés, onde se levan acelerado máis de 80 plans empresariais dos que 29 xa están en marcha, con 43 postos de traballo vinculados.

A localidade ourensá acolleu hoxe o demoday da cuarta edición da aceleradora da Limia, impulsada pola Consellería de Economía Emprego e Industria e a Escola de Organización Industrial (EOI). Os novos empresarios poden seguir contando cos servizos e liñas de axuda da Administración autonómica. Entre as actividades que participaron na iniciativa inclúense proxectos vinculados aos sectores téxtil, agroalimentario, turístico e de servizos. O coworking de Celanova apoiou desde 2016 un total de 82 plans de emprendemento dos que 45 xa están en marcha.

 

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe na Cidade da Cultura na clausura da aceleradora, onde 24 emprendedores presentaron as súas iniciativas que apoia a Administración autonómica coa colaboración da Escola de Organización Industrial (EOI). Salienta que os novos empresarios apostan pola calidade dos seus produtos e servizos e pola implantación de tecnoloxías 4.0. Entre as actividades escollidas polos participantes desta cuarta edición resaltan as enfocadas a servizos tecnolóxicos, audiovisuais ou do sector da moda.

O Goberno galego, a través do director do Igape, Juan Cividanes, recolleu na gala da XI Noite da Enxeñaría en Informática celebrada hoxe en Santiago o galardón polo programa de axudas á dixitalización. Esta iniciativa prevé mobilizar máis de 13 millóns de euros e chegar a 500 compañías na presente convocatoria. Cividanes destaca o apoio da Xunta á transformación dixital e modernización do tecido empresarial galego mediante o desenvolvemento da Axenda Industria 4.0. O Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) distingue dez categorías onde se recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no sector das TIC.