Actualidade

O director do Igape, Juan Cividanes, deu a coñecer esta mañá a ferramenta que permite ás pemes saber de xeito personalizado o impacto da saída do Reino Unido da Unión Europea na súa actividade diaria. O obxectivo é contribuír a planificar e elaborar plans de continxencia para converter o novo escenario económico nunha oportunidade. Esta iniciativa complementa a posta en marcha dos servizos de asesoría en Santiago de Compostela e en Londres que atenderán as consultas das compañías galegas.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Santiago de Compostela á presentación da Business Factory Food, promovida pola Xunta a través do Igape, a Axencia Galega de Innovación (Gain) e XesGalicia, coa coordinación e xestión do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). A iniciativa contará con tres edicións -a primeira manterá aberto o prazo de solicitude ata o 16 de maio- nas que se pretende impulsar 26 proxectos que xerarán 60 empregos. O sector agroalimentario representa máis do 7% do PIB da economía galega e foi a terceira industria en volume de exportacións en 2018. 

Feijóo salienta que contará cun orzamento de 100M€ e prevé mobilizar preto de 300M€ a través de instrumentos financeiros. Di que incorpora varias novidades como o novo programa de préstamos para proxectos estratéxicos destinados a iniciativas de entre 1,5 e 10M€ ou a incorporación dunha liña destinada ao turismo, IFI Tur.

A aceleradora con sede en Vilanova de Arousa, que comeza hoxe a súa actividade, aposta pola promoción de iniciativas innovadoras, especialmente no ámbito do turismo e a agroalimentación.

Unha delegación galega formada por once empresas e dúas asociacións empresariais participa na Feira Expo Antad & Alimentaria. As compañías participantes, ademais de amosar os seus produtos no pavillón de Galicia, manteñen reunións con compradores do país centroamericano para establecer alianzas comerciais.