Actualidade

O director xeral do Instituto, Joaquín Varela de Limia, destacou en Santiago a importancia estratéxica de avanzar na internacionalización das empresas galegas e salientou que Economía e Industria reserva 12 millóns de euros para os apoios neste ámbito. Técnicos e directivos do Instituto que preside o conselleiro Javier Guerra explicaron polo miúdo a convocatoria das xornadas para este ano que se desenvolveron simultaneamente nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo.

As axudas destinadas polo departamento de Javier Guerra a dinamizar as vendas de coches en Galicia, a través do programa re-Móvete, suman 22,5 millóns de euros e permitiron apoiar máis de 30.000 operacións. As matriculacións en Galicia pasaron de 3.381 turismos en novembro a 4.362 en decembro, cun incremento do 29% no mes de decembro pasado.

As actuacións apoiadas no marco da III convocatoria dos Premios para o fomento da creatividade aplicada deberán incidir dentro do Plan de desenvolvemento integral das comarcas de Ferrolterra, sen que iso exclúa que poidan beneficiar tamén a outros territorios. O prazo para a presentación de iniciativas para esta convocatoria, presentada hoxe en Ferrol polo director xeral do Igape, Joaquín Varela, rematará o próximo 3 de marzo.