Actualidade

A sociedade dependente de Economía e Industria colabora co CSIC para impulsar a iniciativa emprendedora entre docentes e investigadores. O proxecto Humaniza creará un banco de ideas con potencial para converterse en empresas e un mecanismo que actúe como acelerador para a constitución das novas sociedades.

O conselleiro de Economía e Industria garante que a Xunta apoiará as ideas "que incorporan a innovación ao ámbito empresarial" e destaca os instrumentos que ofrece o Goberno galego ás pemes e emprendedores para acceder a formación, asesoramento e financiamento para os seus proxectos. Segundo Javier Guerra, "estamos no bo camiño para consolidar unha cultura do emprendemento que está chamada a dinamizar a nosa economía nos próximos anos". Máis de 60 empresarios de éxito e especialistas compartiron as súas experiencias cos máis de 2.000 asistentes ao evento.

Poderán participar no Programa impulsado por BIC Galicia as pemes que busquen a redefinición ou a mellora da súa oferta de produtos e servizos, se teñen menos de 48 meses e son de base tecnolóxica. A metodoloxía do programa combina formación práctica con asesoramento externo e permitirá que as firmas participantes desenvolvan un proxecto específico de innovación de produto ou servizo en menos de 3 meses.

A través do Igape, mantén unha base que integra na actualidade a 352 especialistas dispostos a traballar ao servizo das empresas galegas en países de todo o mundo. A Consellería que dirixe Javier Guerra prima a cooperación empresarial tamén neste ámbito, de xeito que son os organismos intermedios os que poden acceder a maiores porcentaxes de axuda e durante máis tempo.

A consellería que dirixe Javier Guerra destinou preto de 50 millóns de euros ao eixo estratéxico da internacionalización, nesta lexislatura. A aposta da Xunta de Galicia ten un reflexo directo na evolución favorable das exportacións da Comunidade Autónoma, que medraron un 24% nos cinco primeiros meses do ano, catro puntos por riba da media do Estado. O saldo positivo da balanza comercial galega foi de case 1.728 millóns de euros, o maior de todas as comunidades.