Actualidade

A asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia explorou co apoio do Igape posibilidades de negocio en mercados como Rusia ou India e xa facilitou a implantación de empresas galegas en Brasil. O director do Igape salienta a importancia de que existan en Galicia agrupacións de empresas e clusters empresariais con potencial competitivo e ambición para explorar e conquistar espazos de negocio en mercados internacionais.

O obxectivo da iniciativa ATC4Excellence, na que participa a Consellería de Economía e Industria a través do Instituto e xunto con entidades de Irlanda, Portugal, Asturias e Cantabria, é promover as mellores prácticas nos clusters das rexións europeas implicadas. O proxecto, que busca incrementar a internacionalización destas organizacións empresariais, dálle continuidade ao exitoso ATClusters, liderado polo Igape.

O Impulsa Ourense abrangue todas as consellerías da Xunta e ten coma obxectivo principal impulsar a economía de Ourense. Este Plan é unha aposta do goberno galego pola competitividade da provincia e polo seu reequilibrio territorial. O conselleiro anunciou o incremento dun 5 por cento ás empresas ourensás dentro das medidas de internacionalización do IGAPE.

O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, recibiu á delegación da axencia de desenvolvemento turca AHILER e sinalou que os encontros destes días poderán servir para intensificar as relacións comerciais entre Galicia e Turquía. A delegación turca tamén se reunirá con responsables de XesGalicia e BIC Galicia, do Inega, do CIS Madeira ou da Tecnópole.

A través do Igape, BIC Galicia e Xesgalicia, a Consellería de Economía e Industria activou novos programas para facilitar a creación e a consolidación de novos proxectos empresariais. Mediante re-Imaxina e re-Emprende, apoiou a máis de 900 iniciativas. Cos fondos de capital risco de XesGalicia, a Consellería pon ao dispor dos emprendedores mais de 23 millóns de euros. Nos dez primeiros meses do ano creáronse en Galicia 3.430 novas sociedades mercantís e 1.549 empresas ampliaron capital. Nos cursos, seminarios e xornadas de formación e asesoramento participaron máis de 6.000 persoas este ano.