Actualidade

O conselleiro de Economía e Industria mantivo un encontro cos directores das oficinas en Estados Unidos, México, Colombia, Brasil, Marrocos, Reino Unido, Rusia e China. Resalta que as vendas galegas a outros mercados están a medrar en 2014 por riba do récord histórico de 2013, cando Galicia bateu a súa marca de exportacións, balanza comercial e taxa de cobertura. Apunta como obxectivo para Galicia que as exportacións acaden un peso do 40% sobre o PIB, fronte o 33% actual. Preto de 160 empresas se reuniron con responsables de oficinas Pexga de todo o mundo durante as xornadas “Punto de encontro coas Plataformas da Rede Pexga”.

O director do Igape, Javier Aguilera, mantivo un encontro co director xeral de Promoción Económica canario, Laureano Pérez, e co presidente da Fundación La Caja de Canarias, Blas Trujillo. Aguilera, que explicou as liñas de axuda ao financiamento, á competitividade e á internacionalización, salientou a excepcional acollida que están a ter entre as empresas galegas os servizos de mellora Re-Acciona, un dos programas que máis interese espertou na delegación canaria.

 O director do Igape, Javier Aguilera, destaca que as axudas que veñen de aprobarse permiten a creación de máis de 160 empregos en sectores como o alimentario, o comercio ou os servizos. Dentro do forte estímulo ó emprendemento que está a realizar a Consellería de Economía e Industria, os novos empresarios poden acceder tamén a fondos de capital risco e programas de préstamos directos ou con xuros bonificados. A través da Unidade Galicia Emprende achégase aos emprendedores galegos asesoramento especializado para a posta en marcha dos seus proxectos.

O director do Instituto, Javier Aguilera, destaca que se duplican as axudas concedidas no programa para a modernización de equipamentos no sector servizos. Os proxectos apoiados permitirán a creación ou mantemento de máis de 1.700 postos de traballo en áreas de actividade como a as TIC e a informática, a enxeñaría, o turismo ou o medio ambiente. Ao abeiro da nova Lei do Emprendemento prímanse os proxectos de empresas de menos de 42 meses en funcionamento, unha de cada catro beneficiarias.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, visitou as instalacións en Moraña de ambas compañías, que empregan conxuntamente a 261 traballadores. Destaca o papel do Instituto como xanela única da internacionalización empresarial para facilitar asesoramento, servizos e apoios, tanto en orixe coma en destino, en todas as fases de internacionalización das empresas galegas. Celtic Estores e Vertifil forman parte do grupo familiar galego Celtic Group, que factura arredor de 50 millóns de euros e conta con outros centros produtivos en Cataluña, Italia e Estados Unidos.