Actualidade

O director xeral de Industria, Manuel Valle, e o director do Igape, Javier Aguilera, presentan as liñas de apoio do Goberno e da Xunta no marco do Plan Ferrol. Valle destaca que se simplifican e flexibilizan os requisitos de solicitude para facilitar tanto o acceso aos préstamos como a realización dos investimentos, que poderán estar iniciados antes da presentación da solicitude. A porcentaxe de investimento apoiable increméntase do 60 ata o 75%. Aguilera salienta que as empresas de Ferrolterra manteñen un marco de apoio privilexiado para o desenvolvemento dos seus proxectos, e destaca iniciativas como o programa “Galicia 1000” da Xunta.

 O director xeral do Igape, Javier Aguilera, a cónsul xeral de Uruguai en Galicia, Marta Echarte, e representantes de axencia de desenvolvemento Uruguay XXI participan nun encontro con 25 empresas galegas con interese nese mercado. O Igape e Uruguay XXI manteñen un acordo de colaboración para promover investimentos cruzados, alianzas e relacións comerciaisMáis de 300 empresas galegas teñen relacións comerciais con Uruguai, sumando unhas exportacións de 30 millóns de euros o ano pasado, un 53% máis que en 2012.

Galicia é unha das dúas comunidades autónomas presente neste encontro internacional, que conta coa participación da Comisión Europea e dos clusters máis avanzados de Austria, Dinamarca, Alemaña, Noruega, Polonia ou Suecia. O director do Igape, Javier Aguilera, resalta a decidida aposta do Goberno galego polos clusters como pancas de competitividade e internacionalización da economía galega. O Goberno galego está a impulsar a mellora na xestión dos clusters, entre os que xa hai nove con etiquetas europeas de excelencia.

O director do Igape, Javier Aguilera, salienta a necesidade de que os novos emprendedores saiban reinventarse e mellorar de forma continuada para consolidar os seus proxectos. As empresas participantes no programa C-Teams, con menos de catro anos de vida, poderán deseñar unha nova carteira de produtos ou servizos adaptados ás demandas do mercado.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, clausura o encontro internacional do proxecto europeo ATClusters, que contou coa participación de entidades de Asturias, Portugal, Francia e Irlanda. No encontro houbo mesas centradas nos sectores naval, téxtil, alimentación e industrias culturais nas que participaron expertos de diferentes países.