Actualidade

Galicia é unha das dúas comunidades autónomas presente neste encontro internacional, que conta coa participación da Comisión Europea e dos clusters máis avanzados de Austria, Dinamarca, Alemaña, Noruega, Polonia ou Suecia. O director do Igape, Javier Aguilera, resalta a decidida aposta do Goberno galego polos clusters como pancas de competitividade e internacionalización da economía galega. O Goberno galego está a impulsar a mellora na xestión dos clusters, entre os que xa hai nove con etiquetas europeas de excelencia.

O director do Igape, Javier Aguilera, salienta a necesidade de que os novos emprendedores saiban reinventarse e mellorar de forma continuada para consolidar os seus proxectos. As empresas participantes no programa C-Teams, con menos de catro anos de vida, poderán deseñar unha nova carteira de produtos ou servizos adaptados ás demandas do mercado.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, clausura o encontro internacional do proxecto europeo ATClusters, que contou coa participación de entidades de Asturias, Portugal, Francia e Irlanda. No encontro houbo mesas centradas nos sectores naval, téxtil, alimentación e industrias culturais nas que participaron expertos de diferentes países.

Durante a inauguración do XXIII Salón do Automóbil, o director do Igape salientou o potencial do sector, que supón preto dun terzo de todas as vendas galegas ao exterior. As empresas da automoción facturaron 7.800 millóns de euros en 2013, un 28% máis que o ano anterior, e incrementaron o seu emprego directo un 3% ata os 19.000 postos de traballo.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, avanza o Plan Estratéxico de Internacionalización, que funcionará en dous sentidos: por un lado, reforzando as exportacións e a implantación das empresas galegas noutros mercados; e por outro, impulsando a atracción de capital estranxeiro. A estratexia focalizará os esforzos exportadores galegos en países iberoamericanos como México, Brasil, Colombia, Perú, ademais de mercados como China, Estados Unidos, Rusia e Marrocos. Salienta que o Plan Estratéxico de Internacionalización busca que o peso das exportacións no PIB galego suba do 33% ata o 40% en 2020.