Actualidade

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, reuniuse en Lima co ministro peruano da Produción acompañada por representantes do clúster naval galego. O ministro mostrouse interesado en coñecer o tecido produtivo da pesca e o sector naval de Galicia, así como a política de apoio aos clústers.

Os documentos sectoriais e por tecnoloxías do estudo “Oportunidades Industria 4.0 en Galicia”, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e elaborado en colaboración con ATIGA, están xa a disposición das empresas na web do Igape. Neles móstranse as vías de mellora da competitividade das Pemes galegas a través da incorporación das tecnoloxías emerxentes.

O director do Igape, Juan Cividanes, avanzou a próxima convocatoria de axudas para proxectos piloto 4.0 durante a súa visita á empresa Lago Aves, afincada en Pontevedra, que está a investir neste ámbito. Cividanes puxo en valor o programa ReAcciona, a través do que a compañía pontevedresa está a implantar proxectos de mellora. O prazo para presentar as solicitudes a esta iniciativa está aínda aberto, ata o próximo 25 de maio.

 

Enmarcada no Plan Eduemprende, a nova convocatoria vai dirixida ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas.

Ata o 19 de abril está aberto o prazo para a vixente oferta do ReAcciona TIC, mentres que as Pemes interesadas poden solicitar servizos do ReAcciona ata o 25 de maio. A Xunta vén de conceder 430.000 euros para apoiar a implantación de 107 novos proxectos de mellora en Pemes galegas, no marco deste programa.