Actualidade

O Instituto apoia a posta en marcha da plataforma Contract, con empresas de diferentes especialidades que presentan unha oferta integral para a dotación de establecementos hoteleiros, oficinas ou centros comerciais. Está integrada por media ducia de compañías que suman 500 empregos en Galicia. Os encargos internacionais completan o 60% dos pedidos desta agrupación de empresas de decoración, iluminación ou telecomunicación.

Máis de 650 empresas confiaron xa no programa que comezou a desenvolverse o pasado ano. O programa avalía as posibilidades das empresas á hora de saír ao exterior e de iniciar proxectos de mellora da súa competitividade. O 90% das diagnoses levadas a cabo ata a data reflicten un importante potencial exportador das empresas galegas.

O director do Igape, Javier Aguilera, presidiu a xornada que abriu o período de actividades da Rede no 2013. A Rede conta na actualidade con 110 empresarios experimentados e comprometidos para compartir, de balde, coñecemento e habilidades de xestión con novos empresarios.

O conselleiro de Economía e Industria salienta nun encontro da Rede de Asociacións de Empresarios de Orixe Galego no Exterior o seu papel fundamental para “aproveitar o potencial exportador galego, xerar confianza e atraer investimento estranxeiro”. Asegura que o Goberno galego seguirá apostando por “máis internacionalización, máis innovación e máis competitividade”. Sinala que “buscamos de forma activa que novos proxectos recoñezan na marca Galicia unha excelente oportunidade de inversión”.

A iniciativa encádrase dentro dun novo réxime específico validado pola Comisión Europea e que permitirá posicionar aos clusters galegos como referentes da excelencia. Conde resalta o papel de Ceaga e o apoio do Goberno galego, como amosa o convenio recentemente asinado e que permitirá uns investimentos dun millón de euros para o desenvolvemento do Plan Estratéxico da Automoción (PAC 2015 – Visión 2020)