Actualidade

As iniciativas de formación buscan apoiar a consolidación das empresas recén creadas, co obxectivo de reforzar o novo tecido económico galego. Empresarios e directivos de compañías galegas reciben apoio e asesoramento sobre o proceso internacionalización das súas firmas. Máis de cinco mil estudantes de secundaria, FP e Universidade participan en actividades que buscan crear unha nova xeración de emprendedores galegos.

O conselleiro de Economía e Industria adianta que se vai crear un Rexistro Galego de Clúster co obxectivo de identificar, ordenar e optimizar os recursos dispoñibles. Poñerase en marcha unha liña específica de apoio a estas agrupacións dotada con 4,2 millóns de euros para o desenvolvemento de plans estratéxicos para o período 2013-2015. Asegura que os clúster están chamados a configurar "un dos principais eixos no que desenvolver proxectos innovadores", así como acelerar a mellora da competitividade e a internacionalización.

O Instituto apoia a posta en marcha da plataforma Contract, con empresas de diferentes especialidades que presentan unha oferta integral para a dotación de establecementos hoteleiros, oficinas ou centros comerciais. Está integrada por media ducia de compañías que suman 500 empregos en Galicia. Os encargos internacionais completan o 60% dos pedidos desta agrupación de empresas de decoración, iluminación ou telecomunicación.

Máis de 650 empresas confiaron xa no programa que comezou a desenvolverse o pasado ano. O programa avalía as posibilidades das empresas á hora de saír ao exterior e de iniciar proxectos de mellora da súa competitividade. O 90% das diagnoses levadas a cabo ata a data reflicten un importante potencial exportador das empresas galegas.

O director do Igape, Javier Aguilera, presidiu a xornada que abriu o período de actividades da Rede no 2013. A Rede conta na actualidade con 110 empresarios experimentados e comprometidos para compartir, de balde, coñecemento e habilidades de xestión con novos empresarios.