Actualidade

Na xornada, organizada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, informarase sobre a invitación para que as compañías acheguen solucións baseadas en máquinas e bens de equipo. A convocatoria, que se manterá aberta ata o 22 de outubro, servirá para avanzar na nova liña de axudas Maquinaria 4.0.

O director do Igape informou hoxe en Vigo das xornadas formativas sobre internacionalización dixital que a Xunta pon en marcha para impulsar o desenvolvemento no exterior das pemes galegas. A iniciativa inclúe encontros nas principais cidades galegas e asesoramento profesional e personalizado ás empresas asistentes. Tamén no eido da internacionalización, publícase hoxe a resolución do Galicia Exporta Empresas, que, xunto co programa xestionado por agrupacións empresariais, impulsará máis de 800 proxectos en preto de 100 países.

A xornada, organizada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e o Círculo Financeiro de Galicia, forma parte do programa Capacita Directivos.

O director do Igape, Juan Cividanes, participou esta mañá en Vigo nun simposio internacional sobre a internacionalización do sector agroalimentario transfronterizo, promovido por Anfaco-Cecopesca. Destaca a aposta das empresas galegas de alimentación pola consolidación no exterior das súas vendas e a apertura de novos mercados. De xaneiro a xullo de 2019, as vendas ao exterior destes produtos medraron un 6,2% con respecto ao mesmo período do ano pasado, superando os 580 M€.

A Xunta promove esta iniciativa innovadora para impulsar a Industria 4.0 mediante a contratación de 140 persoas con titulación universitaria ou de técnico superior de FP. Poderán especializarse e acceder ao mercado laboral desenvolvendo proxectos de mellora competitiva en compañías e organizacións empresariais. Enmárcase na nova Axenda 4.0, á que Consellería de Economía, Emprego e Industria destinará 350 millóns de euros entre 2019 e 2022.