Actualidade

O conselleiro de Economía e Industria participou no Foro de Investimento Galicia, organizado no marco do programa europeo AT-Venture, e destacou a importancia do programa de apoio á iniciativa emprendedora da Xunta, ao que a Consellería engadirá un novo fondo de capital risco para empresas de base tecnolóxico. Javier Guerra sinalou que "os fondos de investimento, xunto coas redes de business angels, representan hoxe unha alternativa de financiamento empresarial moi interesante".

O director do Igape encabezou a delegación da Xunta de Galicia que visitou, en Devon, as instalacións de Xero Technology LTD para coñecer polo miúdo o grupo promotor do investimento que se implantará en Ourense. A Xunta de Galicia xa comprometeu apoios públicos por case 11 millóns de euros para financiar a planta de fabricación do coche eléctrico Xero no que a compañía británica Xero Technology prevé investir 26 millóns de euros e crear ata 1.030 novos empregos en 2015.

O director xeral do Igape constatou que os investimentos están a activarse en Galicia e dixo que cómpre "promovelos para acelerar o proceso de recuperación do tecido empresarial". Nunha xornada informativa para empresarios, Joaquín Varela destacou igualmente os apoios do programa Innoempresa para favorecer a aplicación da innovación aos procesos e produtos, "que contribuirá á apertura de novos mercados para as empresas galegas". Salientou tamén os apoios á internacionalización, "que ten que ser abordada con estudos previos, con preparación e planificación, con visión estratéxica".

O director xeral do Igape, Joaquín Varela de Limia, presentou o encontro, que se desenvolverá o próximo 13 de abril, para impulsar o financiamento de proxectos emprendedores innovadores e con potencial de crecemento. O prazo para presentar proxectos para a súa exposición no foro como aspirantes a financiamento rematará o próximo 15 de marzo. O Foro está organizado polo Igape e BIC Galicia, que contan coa colaboración das redes galegas de Business Angels, Uniban, Bang, InnoBAN y RedInvest.

Mediante unha guía destinada a orientar e asesorar aos emprendedores que escollen este ámbito de actividade para que saiban resaltar o valor dos seus proxectos empresariais e para mellorar as súas opcións de atopar o financiamento que precisan para desenvolvelos. A Guía de valorización económico financeira de proxectos biotecnolóxicos foi elaborada no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza entre Galicia e Norte de Portugal denominado Bioemprende, que está liderado pola sociedade do Igape BIC Galicia.