Actualidade

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través das accións do programa ReAcciona vinculadas ao sector TIC, apoia a transformación dixital de 40 pemes coa implantación de 42 servizos 4.0 a través das dúas primeiras convocatorias deste ano. As catro edicións previstas para 2019 achegarán axudas por valor de 725.000 euros para optimizar a modernización e innovación tecnolóxica das pequenas e medianas empresas. As empresas interesadas nesta liña de apoios do Igape poden solicitar ata o próximo 20 de xuño as axudas da cuarta e última edición.

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe en Santiago de Compostela na presentación do encontro empresarial ‘Impulsando a innovación en Galicia’. Subliña o compromiso que existe na Comunidade coa transformación dixital e tecnolóxica das pequeñas e medianas empresas. Na xornada, organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e F. Iniciativas, representantes da Axencia Galega de Innovación (Gain) tamén informaron das súas liñas de axudas.

O director do Igape, Juan Cividanes, inaugurou hoxe en Santiago de Compostela as xornadas técnicas con empresas tecnolóxicas latinoamericanas e europeas promovidas polo Clúster TIC. Sinala a boa marcha das vendas ao exterior das empresas do sector. O pasado ano 1679 empresas galegas exportaron aos seis países participantes na misión comercial -Eslovenia, México, Colombia, Chile, Honduras e Nicaragua-, cun valor total de 568 millóns de euros.

Cun orzamento de 1.125.000 euros, a Consellería de Economía, Emprego e Industria facilitará a concesión de préstamos ás pequenas e medianas empresas. A nova liña de axudas duplica o límite das operacións financeiras, pasando de 0,5 a 1M, e amplía as finalidades ás que se pode destinar o apoio achegado, que cobre circulante, investimentos e avais técnicos. Enmárcase no Plan de financiamento que o Goberno galego vén de aprobar para apoiar este ano 800 proxectos de emprendedores e compañías en Galicia.

As iniciativas céntranse na transformación do sistema loxístico, a promoción dos sistemas produtivos 4.0 e o fortalecemento da transferencia tecnolóxica entre Galicia e o país luso. Cun orzamento de máis de 4,5 millóns de euros, os tres plans de colaboración están cofinanciados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, entre outras entidades.