Actualidade

A Consellería de Economía, Emprego e Industria forma parte da delegación integrada por empresas especializadas no equipamento integral de edificios colectivos. A misión, apoiada polo plan Foexga en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, ten como obxectivo avanzar novas vías de investimento e acordos de cooperación no país latinoamericano. Ata setembro deste ano exportaron a este mercado 411 empresas galegas, cun volume total de vendas que superou os 36 M€.

O director do Igape, Juan Cividanes, participou esta mañá na presentación do Informe GEM 2018, que avalía a evolución do emprendemento en Galicia. Lembra o apoio integral que ofrece a Administración autonómica no deseño de iniciativas e na creación, a consolidación e a proxección exterior das pemes. As mulleres son o 57% das persoas emprendedoras e lideran o crecemento da creación de empresas, cunha taxa de actividade neste eido que supera nun punto e medio á dos homes.

O secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, participou na xornada de presentación do proxecto europeo Spin_Up. A iniciativa galaico-lusa reforza os programas de emprendemento que o Goberno galego ten activos e a plataforma de aceleración empresarial StartIN. Cun orzamento de máis de 4,5 millóns de euros, o Igape está a participar en tres novas iniciativas de colaboración transfronteriza no marco do programa europeo de cooperación na Eurorrexión.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución da última convocatoria das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras, que reforza a actividade de 11 entidades. A liña de axudas facilita o impulso tecnolóxico, a innovación e a captación de novas empresas mediante o fortalecemento das asociacións sectoriais. Desenvolverán plans de formación e actividades orientadas ao fomento da dixitalización e a internacionalización das pemes, cunha previsión de mobilización de 5 millóns de euros.

O director do Igape, Juan Cividanes, participou en Porto nun encontro da Subcomisión sectorial de desenvolvemento económico da Eurorrexión. A Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Ministerio de Industria luso abordan a cooperación nese eido para acadar medidas comúns de impulso da competitividade. A reunión é preparatoria do cume galaico-portugués sobre o futuro industrial e a cooperación económica que se celebrará o vindeiro ano en Galicia.