Actualidade

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe en Vigo na presentación dos encontros empresariais O papel humano na Industria 4.0, onde subliñou o compromiso da Administración autonómica coa formación 4.0 mediante o programa Capacita Directivos, que ten realizado máis de 40 accións nas que participaron máis de 5700 asistentes desde a súa posta en marcha. Á xornada, organizada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e o Círculo Financeiro de Galicia, séguelle mañá outra na Coruña dirixida tamén a impulsar a profesionalización das pemes.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución na que se invita ás empresas e outros axentes económicos a presentar proxectos de creación de fábricas compartidas, centros loxísticos e espazos especializados de produción. A iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria forma parte do deseño dunha nova liña de axudas que activará proximamente a través do Igape e ao abeiro da Axenda Industria 4.0. As compañías e asociacións empresariais interesadas teñen de prazo ata o 19 de novembro para presentar as súas propostas e suxestións.

Representantes da Administración cubana reúnense con responsables do Igape para coñecer de primeira man a Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. A visita enmárcase no II Programa de Intercambio de Expertos Cuba-UE posto en marcha para acompañar ao país centroamericano na implementación dos seus plans socio-económicos. Galicia sitúase como a terceira comunidade na que máis se incrementaron as vendas ao exterior no que vai de ano, duplicando amplamente a media española.

A Consellería, Emprego e Industria impulsa esta iniciativa co obxectivo de fomentar alianzas estratéxicas con outros líderes a nivel mundial deste sector centrado no equipamento de edificios colectivos. A oitava edición das xornadas consolida o evento como punto de encontro entre pemes e prescritores internacionais para incrementar as oportunidades de negocio.

O director do Igape, Juan Cividanes, visitou esta compañía coruñesa, que ofrece contidos audiovisuais innovadores baseados nas TIC. Salienta o compromiso da compañía coa cultura e a formación mediante a posta en marcha dunha plataforma audiovisual e unha editorial en liña. O novo proxecto empresarial conta co apoio do programa Galicia Rural Emprende, unha iniciativa coa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria promove a creación de novas pemes no medio rural que non se circunscriben a actividades agrícolas. A través das edicións dos programas Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende do pasado ano a Xunta concedeu axudas que mobilizaron máis de 18M e permitiron a creación ou mantemento de 385 postos de traballo.