Actualidade

Os Instrumentos Financeiros Innovadores (IFI) incorporan un novo programa destinado aos establecementos de aloxamento, que complementa os xa activos de apoio aos investimentos en Industria 4.0, emprendemento e innovación. Cos IFI Tur, a Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa a creación e mellora de hoteis, pensións, cámpings e instalacións de turismo activo e rural. Os préstamos, que cubrirán ata o 65% do investimento a realizar, estarán comprendidos entre 50.000 euros e un millón e contarán cun prazo máximo de amortización de 12 anos e xuros que poden quedar no 0%.

O director do Igape, Juan Cividanes, clausurou hoxe o IV Encontro Empresarial organizado pola asociación de desenvolvemento rural GDR Condado Paradanta. Ata o 18 deste mes permanece aberto o prazo de presentación de solicitudes das axudas do programa Galicia Emprende, desenvolto pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A Consellería, Emprego e Industria organiza esta iniciativa co obxectivo de incrementar as oportunidades de negocio a nivel mundial do sector especializado no equipamento integral de edificios colectivos. A novena edición das xornadas amplía a súa actuación ao norte de Portugal e consolida o evento como punto de encontro entre pemes e prescritores internacionais.

O director do Igape, Juan Cividanes, informou hoxe en Santiago nun encontro empresarial da nova convocatoria para que envíen propostas de desenvolvemento de solucións de cara á posta en marcha do programa piloto Maquinaria 4.0. A iniciativa busca incentivar aos fabricantes de maquinaria a desenvolver produtos que dean resposta a necesidades concretas, reforzar a estandarización no sector e facilitar a compra local, nacional e internacional de tecnoloxía feita en Galicia.

Na xornada, organizada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, informarase sobre a invitación para que as compañías acheguen solucións baseadas en máquinas e bens de equipo. A convocatoria, que se manterá aberta ata o 22 de outubro, servirá para avanzar na nova liña de axudas Maquinaria 4.0.