O prazo de presentación finalizou o 25/11/2013

IG196 - FINANCIAMENTO OPERATIVO ADEGAS - LIÑA DE CONFIRMING PARA A XESTIÓN DE PAGOS E FINANCIAMENTO DE COMPRA DE UVA DAS CAMPAÑAS 2013-2014-2015

Finalidade / Obxectivo

Facilitar ás pequenas e medianas empresas elaboradoras de viños, mediante o aval das SGRs e o reaval do Igape, o acceso a unha liña de confirming que lles permita xestionar os pagos e acceder ao financiamento destinado á compra de uva, cos que se asinasen contratos homologados pola Consellería do Medio Rural e do Mar para as campañas 2013-2014-2015 (D.O. Rias Baixas e D.O. Ribeiro).

Tipos de apoio

Aval das sociedades de garantía recíproca ( SGRs), ante as entidades financeiras, polo 20% da operación e reaval do Igape do 25%.

Beneficiarios potenciais

Poderán acollerse, autónomos e persoas xurídicas pertencentes pertencentes ao sector de elaboración de viño (CNAE:11.02).

Tamén poderán acceder ás operacións as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo actividades empresariais.

En todo caso deberán cumprir co requisito de pequena e mediana empresa conforme á definición establecida pola Unión Europea, e dicir :

• Que teña menos de 250 traballadores.
• Que teñan unha cifra de negocios anual que non supere os 50 Millóns € ou balance xeral anual que non supere os 43 millóns de euros.
• Que cumpra o criterio de independencia.

Sectores incentivables

Elaboración de viño (CNAE: 11.02)

Investimentos ou gastos computables

- Liña de pagamento a provedores con financiación (confirming)

- O importe máximo de financiamento para cada peme beneficiaria será de 2.000.000 euros e a un prazo de 3 anos.

- O tipo de xuro nominal anual, a aplicar sobre o pago a financiar, poderá ser fixo ou variable e negóciase entre as partes, establecéndose un limíte máximo de Euribor ao prazo do financiamento + 5 p.p.

- As entidades financeiras poderán aplicar una comisión de xestión ou anticipo dun máximo do 0,30% .

- As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 1% calculado sobre o límite máximo garantido, en concepto de comisión de aval e ata o 4% do importe do financiamento avalado en concepto de cota social mutualista, que se aboará ao inicio da operación. A cota social mutualista será reembolsada ao cliente unha vez remate a súa relación coa SGR.

Contía das axudas

Axuda en forma de garantía.

Consistirá no reaval do Igape durante a vixencia da operación financeira, en garantía do 25% do risco asumido pola SGR. O financiamento avalado polas SGRs será do 20% do principal da operación financeira.

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no Igape, a través das sociedades de garantía recíproca,ate o 25 de novembro do ano 2013.

Incompatibilidades

A concesión das axudas destas bases queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, a da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.

Referencia lexislativa

Resolución do 21 de outubro de 2013 (DOG Nº204 do 24/10/2013) - Bases reguladoras e convocatoria 2013
Resolución do 21 de outubro de 2013 (DOG Nº213 do 07/11/2013) - Corrección de erros

Información e tramitación en

Para solicitar unha liña de confirming ao amparo deste convenio, o interesado, ou a SGR no seu nome, deberá cubrir previamente un formulario descritivo da empresa, do proxecto e da operación financeira a través do enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Unha vez cuberto o formulario, este pasará a disposición da SGR e da entidade financeira, na Extranet de Entidades Colaboradoras, que avaliarán a solicitude en función dos seus parámetros de risco e tendo en conta que contará co reforzo do Igape ao amparo do convenio. Coa aprobación da SGR, da entidade financeira e do Igape o solicitante debe dirixirse á súa entidade financeira para proceder á formalización do préstamo.

Información:

- Nas oficinas do Igape
- Por teléfono: 902 300 903 / 981 54 11 47
- Por correo electrónico: informa@igape.es
- Na web do Igape: www.igape.es
-Nas entidades financeiras asinantes do convenio.
-Nas sociedades de garantía recíproca:

Solicitantes das provincias de Pontevedra e Ourense:

SOGARPO, S.G.R.:

Oficina de Vigo -Sede Central
Rúa Reconquista, 11 baixo. 36201 – VIGO
Tel.: 986 228 053
e-mail: pontevedra@sogarpo.es

Oficina de Ourense
Rúa Progreso, 145 baixo. 32003 – OURENSE
Tel.: 988 372 913
e-mail: ourense@sogarpo.es

Solicitantes das provincias de A Coruña :

AFIGAL, S.G.R.:

Oficina de A Coruña
Rúa de San Andrés, 143-4º
15003 - A Coruña
Tel.: 981 216 276

Oficina de Santiago
Rúa Fernando III o Santo, 32-entlo
15701 Santiago de Compostela
Tel.: 981 553 110

e-mail: comercial@afigal.es

Observacións

A sociedade de garantía recíproca (SGR) e as entidades financeiras, reclamarálle á empresa a documentación necesaria para o estudo da operación.