O prazo de presentación finalizou o 19/02/2016

IG166 - CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN (2016)

Finalidade / Obxectivo

Facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización mediante prácticas en empresas ao mesmo tempo que se apoia as pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo a súa disposición profesionais con formación especializada, subvención para a súa contratación e titorización do xestor durante o período de contratación subvencionable.

Tipos de apoio

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que sexan sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Que teñan o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192. Este requisito non é necesario para empresas con diagnóstico positivo de potencial de internacionalización feito polo Igape no exercicio 2016, ou en exercicios anteriores.

d) Que teñan na data de publicación destas bases no DOG e, ata a data de liquidación da axuda destas bases, algún empregado por conta allea en Galicia distinto da contratación obxecto desta axuda.

e) Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Sectores incentivables

Todos

Requisitos principais do proxecto

Modalidades de contratación

Serán subvencionables contratos laborais por conta allea (baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación) -a tempo completo ou a tempo parcial (neste caso dunha duración mínima do 50% da xornada laboral completa)- de xestores da base de datos de Igape de xestores de internacionalización por un período mínimo de 15 meses para a realización de tarefas de internacionalización da empresa.

No caso de contratos a tempo parcial, un mesmo xestor pode ser compartido -con contratos subvencionados por estas bases- por un máximo de dúas empresas.

O custo subvencionable será o salario neto correspondente a un máximo de 15 meses de contratación.

Condicións da contratación:

1.- O xestor:

a) Debe contar con titulación universitaria ou coa titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional.

b) Ter formación específica de postgrao en comercio internacional:

1º Bolsa de prácticas de postgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou,
2º Master de comercio exterior ou,
3º Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

c) Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1980.
d) Non ter desempeñado en España con anterioridade -antes da contratación oxecto destas bases- traballos por conta allea dados de alta no grupo de cotización 1 ou 2 por un período total superior a 185 días (experiencia laboral en España distinta a bolsas de formación ou prácticas) nin ter estado dado de alta como autónomo en España con anterioridade -antes da contratación obxecto destas bases- por un período superior a 185 días nun CNAE relacionado con comercio por xunto ou con actividades profesionais.
e) Estar dado de alta como demandante de emprego (ou demandante de mellora de emprego) no servizo público de emprego de Galicia, ou no seu caso, estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, antes da contratación obxecto destas bases.
f) Un mesmo xestor poderá ser obxecto dun máximo de dúas contratacións subvencionables na mesma convocatoria.
g) No caso de estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, non ter traballado nos trinta días naturais anteriores a sinatura do contrato.

2. O contrato:

O obxecto do contrato é a realización baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento de contratación -para un centro de traballo en Galicia de actividades relacionadas coa internacionalización empresarial.

A duración do contrato non poderá ser inferior a 15 meses. O período de contratación subvencionable é o establecido na resolución de convocatoria.

A empresa solicitante deberá remitir ao Servizo Público de Emprego (SEPE) a copia do contrato no prazo de 10 días hábiles desde a contratación, a través da aplicación informática Contrat@.

3. Exclusións:
a) Exclúese das axudas establecidas neste programa a contratación dun xestor con vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou as súas empresas vinculadas.

b) Exclúense os contratos con persoas que tivesen algunha relación laboral co solicitante ou con outras empresas vinculadas nos cinco exercicios anteriores ao da convocatoria (ser bolseiro non se entende como relación laboral).

c) A non concorrencia destas exclusións demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

Enténdese por vinculación entre empresas ás que cumpran os requisitos establecidos no artigo 42 do Código de Comercio.

4. Só se concederá unha axuda do tipo da descrita nestas bases por solicitante e convocatoria.

5. Para reforzar a formación do xestor e para que a labor do xestor sexa máis produtiva para a empresa que o contrate, estes xestores serán titorizados polo Igape asignando para a súa supervisión e axuda, un profesional con experiencia en internacionalización empresarial.

A titorización consistirá en:
a) O xestor poderá consultar dúbidas sobre cuestións de internacionalización empresarial co titor.
b) Convocaranse reunións do titor individuais e/ou en grupo con varios xestores aos efectos de poñer en común dúbidas e interactuar entre eles.
c) Solicitarase ao xestor informes trimestrais do tipo de tarefas realizadas.

Investimentos ou gastos computables

Serán subvencionables contratos laborais por conta allea (baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación) -a tempo completo ou a tempo parcial (neste caso dunha duración mínima do 50% da xornada laboral completa)- de xestores da base de datos de Igape de xestores de internacionalización por un período mínimo de 15 meses para a realización de tarefas de internacionalización da empresa.

No caso de contratos a tempo parcial, un mesmo xestor pode ser compartido -con contratos subvencionados por estas bases- por un máximo de dúas empresas.

O custo subvencionable será o salario neto correspondente a un máximo de 15 meses de contratación.

O período de contratación subvencionable é o establecido na resolución de convocatoria. A duración do contrato non poderá ser inferior a 15 meses salvo casos de rescisión do contrato por causas non imputables á empresa.

O período de contratación subvencionable é o comprendido dentro do prazo de execución, entre o 4 de xaneiro de 2016 e o 30 de xuño de 2017.

Contía das axudas

A contía da axuda calcúlase aplicando as seguintes porcentaxes sobre o custo subvencionable:

a) 85% no caso de contratación de mulleres ou mozos de calquera xénero inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
b) 80% no resto dos casos.

O período de contratación subvencionable é o establecido na resolución de convocatoria. A duración do contrato non poderá ser inferior a 15 meses salvo casos de rescisión do contrato por causas non imputables á empresa.

O custo subvencionable calcularase como un baremo estándar de custo unitario. O módulo que se vai aplicar, correspondente a un contrato temporal a tempo completo, é de 1.282,10 euros de salario bruto mensual o que supón un importe neto de 1.087 euros netos mensuais (en ambos os dous casos coas pagas extras prorrateadas).

O custo subvencionable ao que se aplicará a porcentaxe de subvención, polo tanto, é de:

a) Tempo completo: salario neto de 16.305 euros (15 meses + 2,5 pagas extra ou 15 mensualidades con prorrateo das pagas extra). O importe de gasto mensual subvencionable será de 1.087 euros, no caso de prorrateo de pagas extra. No caso de que as pagas extra non sexan prorrateadas, o importe do gasto mensual subvencionable será de 1.863,43 euros nos 2 meses que se abone a paga extra completa, 1.397,57 no mes no que se devengue a paga extra correspondente a 3 meses e de 931,71 euros no resto dos 12 meses.
b) Tempo parcial: salario neto de 8.152,5 euros (15 meses + 2,5 pagas extra ou 15 mensualidades con prorrateo das pagas extra). O importe de gasto mensual subvencionable será de 543,50 euros, no caso de prorrateo de pagas extra. No caso de que as pagas extra non sexan prorrateadas, o importe do gasto mensual subvencionable será de 931,70 euros nos 2 meses que se abone a paga extra completa, 698,78 no mes no que se devengue a paga extra correspondente a 3 meses e de 465,86 euros o resto dos 12 meses.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 4 de xaneiro de 2016 e rematará o 19 de febreiro de 2016.

Incompatibilidades

As axudas outorgadas ao abeiro destas bases serán incompatibles con calquera outra axuda concedida para o mesmo concepto subvencionable

Estas axudas quedarán sometidas ao réxime de minimis, e non poderán superar os límites cuantitativos e por actividade establecidos polo dito réxime de minimis.

Referencia lexislativa

Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG Nº247 do 29/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016
Resolución do 14 de xaneiro de 2016 (DOG Nº13 do 21/01/2016) - Ampliación prazo solicitudes
Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG Nº28 do 11/02/2016) - Corrección de erros

Información e tramitación en

INFORMACIÓN

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

TRAMITACIÓN:

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un formulario descritivo do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es

Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse ÚNICAMENTE por vía electrónica. Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma V.509 V3 válido.

A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape dispón dun Servizo de Atención Telemática a través dos teléfonos 900 81 51 51 ou 981 541 147

Observacións

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución definitiva será o 31 de xullo de 2016. O beneficiario deberá presentar unha primeira solicitude de cobro no prazo dun mes unha vez cumpridos os 6 primeiros meses de execución do contrato do xestor (correspondente a 6 mensualidades no caso de prorrata da paga extra ou 6 mensualidades máis unha paga extra no caso de non prorrateo), e unha segunda solicitude de cobro no prazo dun mes unha vez cumprido o tempo restante da contratación do xestor ou xestores con data límite da última solicitude de cobro do 11 de xullo de 2017.