O prazo de presentación finalizou o 01/10/2018

PROGRAMA DE SEGUNDA OPORTUNIDADE (TR341T)

Finalidade / Obxectivo

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas do Programa da segunda oportunidade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR341T) e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Tipos de apoio

1. As axudas consistirán en:
a) Bono apoio: concederase unha axuda de 3.000 € ás persoas que estiveran máis de 6 meses seguidos inscritas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego antes da data de solicitude ou da data de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional para persoas que se deron de alta no 2018 antes da entrada en vigor da orde.
b) Bono formación: a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 2.000 € para realizar un mínimo de 60 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada dentro do período subvencionable.
Este período subvencionable será dun mes como máximo desde que se deron de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e para altas anteriores á entrada en vigor desta orde a xustificación deberá facerse no prazo de dous meses como máximo desde a entrada en vigor da orde.

Beneficiarios potenciais

Serán persoas beneficiarias das axudas deste programa as persoas que se dean de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional no período do 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2018 e cesaran con anterioridade na súa actividade causando baixa na seguridade social ou na mutualidade correspondente e no imposto de actividades económicas (IAE) por causas económicas e que cumpran os seguintes requisitos na data da solicitude ou data de inicio de actividade segundo o modelo 036 ou 037 para as persoas que xa se deran de alta antes da solicitude:
a) Que o cese da actividade se producira con seis meses de antelación polo menos.
b) Que teña cotizado ininterrompidamente polo menos durante 18 meses nos últimos 5 anos ou de xeito alterno 36 meses nos últimos 10 anos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
c) Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego polo menos 6 meses seguidos. Carecer de ocupación efectiva e non ter contrato laboral en vigor segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.
d) Darse de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 30 de setembro de 2018.
e) Realizar unha formación de mínimo 60 horas sobre formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique.
f) Que as persoas desempregadas teñan o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolvan a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

Requisitos principais do proxecto

a) Que o cesamento da actividade se producise con seis meses de antelación polo menos.

b) Que teña cotizado ininterrompidamente polo menos durante 18 meses nos últimos 5 anos ou de xeito alterno 36 meses nos últimos 10 anos no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

c) Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego polo menos 6 meses seguidos. Carecer de ocupación efectiva e non ter contrato laboral en vigor segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.

Contía das axudas

1. As axudas consistirán en:

a) Bono apoio: concederase unha axuda de 3.000 euros ás persoas que estiveran máis de 6 meses seguidos inscritas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego antes da data de solicitude ou da data de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional para persoas que se deron de alta no 2018 antes da entrada en vigor da orde.

b) Bono formación: a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 2.000 € para realizar un mínimo de 60 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada dentro do período subvencionable.

Este período subvencionable será dun mes como máximo desde que se deron de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e para altas anteriores á entrada en vigor desta orde a xustificación deberá facerse no prazo de dous meses como máximo desde a entrada en vigor da orde.

O gasto orixinado deberase producir no período subvencionable, que será desde o 1 de xaneiro de 2018 ata a finalización do período de xustificación e deberá ser efectivamente xustificado, mediante certificado de asistencia e as facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación.

A axuda máxima total será de 5.000 euros.

2. A Rede de Mentoring do Igape poderá colaborar coas persoas beneficiarias desta axuda na mellor definición do seu novo emprendemento, en función dos seus criterios organizativos.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Referencia lexislativa

Orde do 17 de xullo de 2018 (DOG Nº 144 de 30/07/2018) - Bases reguladoras e convocatoria 2018

Información e tramitación en

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO

Ed adm San Lazaro

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545625

Email: autonomos.emprego@xunta.gal