Prazo aberto ata a derogación expresa da axuda

IG195 - TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES DE NOVACIÓNS MODIFICATIVAS DE DIVERSOS PRÉSTAMOS DO IGAPE

Tipos de apoio

Novacións de préstamos.

Beneficiarios potenciais

Poderán acollerse aquelas empresas debedoras do Igape e titulares de operacións de préstamo que foran concedidas ao abeiro de calquera das seguintes normativas:

– Resolución do 26 de abril de 2002 polo que se establece un programa de préstamos para financiar producións audiovisuais na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Resolución do 24 de marzo de 2003 pola que se establece un programa de préstamos para financiar proxectos emprendedores na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Resolución do 25 de abril de 2005 pola que se establece un programa de préstamos para financiar proxectos en materia de innovación tecnolóxica en la Comunidade Autónoma de Galicia.

– Resolución do 12 de decembro de 2007 pola que se establece un programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

– Resolución do 16 de marzo de 2009 pola que se establece un programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimento (BEI).

– Resolución do 22 de marzo de 2011 pola que se aproba o Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos del Banco Europeo de Investimentos (BEI).

Sectores incentivables

Todos

Requisitos principais do proxecto

1. O Igape poderá conceder novacións modificativas dos préstamos en vigor, axustándose aos prazos máximos establecidos polo Decreto 133/2002, do 11 de abril, e ás súas posteriores modificacións.

2. As novacións modificativas que sexan autorizadas levarán consigo, en todos os supostos, un incremento nos tipos de xuro aplicados.

2.1. O novo tipo de xuro ordinario aplicable será o resultado de agregar ao tipo ordinario actualmente pactado una marxe adicional, que será expresamente establecida no acordo de concesión, de conformidade aos seguintes criterios:

a) No caso de concederse unha carencia na amortización de principal, por cada 6 meses de carencia ou fracción de período semestral, a marxe adicional será de 25 puntos básicos.

b) No caso de incrementarse o prazo de vixencia do préstamo, o tipo nominal anual aplicable incrementarase, por cada ano de vixencia adicional, en 25 puntos básicos adicionais.

No caso de concederse conxuntamente prazos de carencia de amortización e incrementos no prazo de vixencia, o tipo de xuro nominal anual será o resultado de agregar ao tipo inicialmente aplicable as marxes adicionais sinaladas nos puntos a) e b) anteriores.

2.2. O novo tipo de xuro de demora será o resultado de sumar 600 puntos básicos ao tipo de xuro ordinario.

3. Con carácter xeral, as novacións modificativas non poderán supoñer un cambio nas garantías constituídas a favor do Igape, salvo as oportunas inscricións de modificación de prazo de vixencia das hipotecas ou prórrogas na vixencia dos avais.

4. As modificacións concedidas poderán considerar a condonación de xuros de demora, cando concorran os seguintes supostos:

a) Que fosen solicitadas con anterioridade ao vencemento das cotas do principal non pagadas.

b) Que a titular aboe ao Igape un importe equivalente aos xuros ordinarios vencidos con anterioridade á instrumentación da novación.

c) Que así se recolla expresamente no acordo de concesión da modificación.

5. As modificacións concedidas poderán considerar a capitalización dos seguintes conceptos:

a) A totalidade do principal vencido e non pagado.

b) Ata un máximo do 80 % dos xuros ordinarios vencidos en non pagados.

c) Ata un máximo do 60 % dos xuros de demora vencidos.

As restantes débedas vencidas deberán ser ingresadas con carácter previo á instrumentación da novación.

6. As modificacións concedidas poderán considerar periodicidades de amortización e de liquidación de xuros diferentes aos establecidos inicialmente.

7. As modificacións concedidas poderán supoñer a modificación ou inclusión de novas cláusulas de amortización anticipada obrigatoria en función dos beneficios futuros, e limitacións na repartición de dividendos da sociedade titular.

Referencia lexislativa

Resolución do 7 de agosto (DOG Nº168 do 04/09/2013) - Bases reguladoras

Información e tramitación en

As titulares dos préstamos interesadas deberán presentar as súas solicitudes a través da instancia de solicitude normalizada co IDE (anexo I)

Documentación que se debe acompañar:

a) Memoria xustificativa da petición, asinada por representante da empresa, na que se exporán os motivos da modificación solicitada, a situación do proxecto, as principais desviacións respecto ao plan inicial e as perspectivas futuras no negocio.

b) Descrición do cadro de persoal actual, expectativas de emprego. Descrición de expedientes de regulación de emprego presentados nos dous últimos anos, vixentes e/ou previstos.

c) Copia das contas anuais correspondente ao último exercicio pechado. Balance e conta de resultados actual asinados por representante da empresa.

d) Cadro de posicións de endebedamento financeiro actualizado, no que se especifiquen todas as operacións vixentes por entidade financeira, indicando vencementos, cantidades vencidas adebedadas e garantías constituídas a favor de cada entidade.

e) Informe CIR do Banco de España cunha antigüidade non superior a 90 días á data de solicitude. No caso de existir discrepancias entre o dito informe e o cadro de posicións de endebedamento financeiro citado na letra c) anterior, detalle descritivo das ditas diferenzas.

f) Relación de aprazamentos formalizados e ou débedas vixentes coas administracións públicas.

g) No caso de que as outras entidades financeiras acredoras concedesen ou estean valorando a posibilidade de refinanciar ou conceder flexibilidade en prazos, comunicación por parte destas ao respecto.

h) Nota simple rexistral actualizada do estado de cargas, no caso de garantías reais.