O prazo de presentación finalizou o 30/11/2015

IG220 - ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS EN MATERIA DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL

Finalidade / Obxectivo

O obxectivo destas bases é a convocatoria de 100 prazas para a capacitación de xóvenes profesionais en materia de internacionalización empresarial baixo dúas modalidades posibles:

a) Formación teórica de xestor de exportación. Esta formación, non remunerada, segue unha metodoloxía enfocada a apoiar ás pemes no seus procesos de internacionalización. Máximo: 40 prazas (ver detalle no Anexo I de modalidades de formación).

b) Formación práctica no estranxeiro e/ou en Galicia (en oficinas da rede Pexga, antenas Igape no estranxeiro, oficinas comerciais de España no exterior, cámaras de comercio españolas no estranxeiro, organismos multilaterais, Igape, organismos intermedios galegos, centros de investigación, empresas e/ou outros organismos en Galicia ou no estranxeiro). Para realizar labores de investigación de mercados, estudo de empresas e a súa planificación para internacionalización e, investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras. Máximo 60 prazas (ver detalle no Anexo I de modalidades de formación).

Tipos de apoio

1.- Formación teórica de xestor de exportación.
2.- Bolsas de formación práctica en internacionalización.

O procedemento de concesión destas prazas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

1.- Requisitos comúns para ambas modalidades de formación:

a) Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1980.

b) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea e estar empadroado -á data de publicación destas bases no DOG- nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia cun ano de antigüidade á data de publicación destas bases.

c) Non ter desempeñado en España con anterioridade -á data de publicación no DOG destas bases- traballos por conta allea dados de alta no grupo de cotización 1 ou 2 por un período total superior a 365 días (experiencia laboral en España distinta a bolsas de formación e contratos para a formación e a aprendizaxe).

d) Non ter estado - á data de publicación no DOG destas bases- dado de alta como autónomo durante máis de 730 días.

e) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes:

• Universitarias (licenciatura, diplomatura, enxeñaría ou grao): administración e dirección de empresas, ciencias do transporte e loxística, ciencias económicas e empresariais, ciencias empresariais, ciencias políticas, comercio, comercio exterior, dereito, dirección e creación de empresa, dirección de empresas-BBA, dirección financeira e contabilidade, economía, enxeñaría, estatística e empresa, marketing e dirección comercial, marketing e investigación de mercados, relacións internacionais. Ou outras con distinta denominación pero de contidos similares ás citadas.
• Formación profesional: Técnico superior en comercio internacional.
• Outras titulacións universitarias non preferentes (licenciatura, diplomatura ou grao) doutras temáticas coa condición de que se dispoña ademais de título de máster en comercio internacional.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. Polo que se refire aos títulos de máster non se require que estean homologados.

f) Coñecementos de inglés (falado e escrito).

Esta capacidade acreditarase mediante a realización dun exame no que os aspirantes deberán demostrar como mínimo nivel B1 do marco común europeo de referencia para as linguas.

Os aspirantes que non comparezan ou non acaden o nivel mínimo B1 na proba de inglés quedarán excluídos do proceso de selección.

Opcionalmente, os candidatos, ademais de examinarse de inglés, poderán indicar na solicitude ata tres idiomas adicionais dos que queiran examinarse, de cara a ter máis puntos no baremo. Os idiomas adicionais dispoñibles son: alemán, francés e portugués.

g) Dispoñer dos medios técnicos establecidos no Anexo I de modalidades de formación.

h) Estar dado de alta como demandante de emprego (ou demandante de mellora de emprego) no servizo público de emprego de Galicia, antes da data de presentación da súa solicitude de axuda.

2.- Requisitos específicos para a modalidade de formación práctica:

a) Cumprir os requisitos do art. 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, para ser considerado beneficiario de subvencións.

b) Non ter desfrutado con anterioridade dunha bolsa do Igape relacionada coa internacionalización empresarial. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios deste tipo de bolsas en edicións anteriores e que renunciaran a elas con posterioridade. Estes solicitantes só poderán optar á opción de formación teórica de xestor de exportación.

c) No caso de ter desfrutado dunha bolsa concedida por outros organismos distintos de Igape, relacionada coa internacionalización empresarial ou con prácticas en empresas fóra de España, só se poderá optar á opción de formación teórica de xestor de exportación. Exceptúanse as bolsas de estudos desfrutadas durante os anos escolares ou universitarios.

d) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración Pública da Comunidade Autónoma.

Requisitos principais do proxecto

Todos os aspirantes que presentasen a súa solicitude dentro do prazo establecido na resolución da convocatoria, serán convocados a probas eliminatorias de inglés e dos idiomas adicionais indicados na solicitude (alemán, francés e/ou portugués), que constarán dunha parte escrita e outra oral, nas datas, horarios e lugares de realización que se comunicarán no taboleiro de anuncios e na páxina web do Igape, cun mínimo de cinco días de antelación e poderán celebrarse en calquera data a partir do día seguinte á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

As probas de idiomas terán lugar en Santiago de Compostela, correndo por conta do solicitante, se é o caso, os gastos de desprazamento, estadía e manutención.

- Formación teórica de xestor de exportación: será impartida en modo presencial en Santiago de Compostela e on-line, polo que será imprescindible dispoñer de ordenador e conexión a internet, ata completar un mínimo de 140 horas de formación e nun período estimado de entre 2 e 3 meses.

Contía das axudas

1.- Formación teórica de xestor de exportación - non remunerada.

2.- Bolsas de formación práctica en internacionalización.

Contía da bolsa: para a dotación tense en consideración os índices do custo de vida das distintas cidades de destino das bolsas, segundo criterios establecidos polo ICEX.

O importe máximo de subvención por bolseiro é de 32.000€ por un período de 12 meses ou á súa parte proporcional en función do período da bolsa. As dotacións variarán segundo o destino e o número de meses de estancia en Galicia e no estranxeiro. Desta subvención se detraerán a correspondente retención fiscal e a cota por cotización á seguridade social aplicables segundo a lexislación vixente.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

Os solicitantes deben indicar no formulario de solicitude a súa orde de preferencia na modalidade de formación, xa que ambas modalidades son incompatibles entre si, e no caso de que non sexa posible adxudicar a primeira opción elixida adxudicarase a segunda. Os solicitantes que só poden acceder á opción de formación teórica de xestor de exportación, segundo o indicado no artigo 2.2.c), só terán que cubrir esta opción.

As bolsas outorgadas son incompatibles con calquera outra bolsa ou axuda de similares características, así como con calquera relación laboral ou de prestación de servizos remunerada do bolseiro. Así mesmo, son incompatibles coa percepción de prestación ou subsidio por desemprego.

A obtención doutras axudas recibidas para a realización do proxecto obxecto da bolsa deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a memoria final da bolsa.

Referencia lexislativa

Resolución do 23 de outubro de 2015 (DOG Nº207 do 29/10/2015) - Bases reguladoras e convocatoria

Información e tramitación en

Os interesados deberán cubrir previamente un formulario a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, para elo deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF (máx. 4 MB). O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3.

Alternativamente, unha vez xerada a solicitude (Anexo I), tamén se poderán presentar en soporte papel no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, acompañado das copias simples dos documentos relacionados no artigo 3.4, é dicir:

O formulario de solicitude deberá vir acompañado da seguinte documentación (no caso de que estea redactada nunha lingua non oficial en Galicia, deberase presentar acompañada de tradución realizada por intérprete xurado):

a) Acreditación dos requisitos mínimos:

1) Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
2) Currículo vitae.
3) Copia do pasaporte no caso de que o solicitante sexa estranxeiro e non teña o número de identificación de estranxeiría (NIE).
4) Acreditación do cumprimento da veciñanza administrativa en Galicia mediante copia do certificado de empadroamento, só no caso de non autorizar a súa consulta ao Igape no Sistema de verificación de datos de residencia.
5) Vida laboral do solicitante posterior á data de publicación das bases no DOG.
6) Copia do título, ou, no seu defecto, do resgardo de ter pagadas as taxas para a súa obtención, só no caso de non autorizar a súa consulta ao Igape. A formación deberá estar finalizada á data de presentación da solicitude.
7) Copia da tarxeta de demandante de emprego (ou tarxeta de demandante de mellora de emprego) do Servizo Público de Emprego de Galicia, só no caso de que o interesado denegue expresamente a súa consulta.

b) Acreditación dos requisitos baremables segundo o expresado no artigo 4.4:
- Acreditación, se é o caso, da formación específica de posgrao en comercio exterior: Copia do certificado de realización dun curso completo no que conste o número de horas ou créditos do curso. O curso deberá estar finalizado na data de presentación da solicitude.
- Acreditación, se é o caso, doutra formación de posgrao: Copia do certificado de realización dun curso completo no que conste o número de horas ou créditos do curso. O curso deberá estar finalizado na data de presentación da solicitude.
- Acreditación, se é o caso, da formación práctica no estranxeiro: Copia do certificado no que consten as datas de inicio e fin da formación ou o número de meses de duración da mesma.