O prazo de presentación finaliza o 31/12/2018

IG244 - PRESTAMOS IFI INDUSTRIA 4.0.

Finalidade / Obxectivo

Apoiar financeiramente pemes que desenvolvan a súa actividade no ámbito da nova industria (conforme o concepto definido na Axenda de competitividade de Galicia) e pretendan financiar investimentos en activos fixos e o capital circulante estrutural vinculados a un proxecto de investimento, priorizando tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0.

Tipos de apoio

Contratos de préstamo que se instrumentarán entre o beneficiario e o Igape.

Beneficiarios potenciais

1. Aquelas pequenas, medianas ou microempresas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo 1.

c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

Tamén poderán ser beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens. Neste caso, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.

Sectores incentivables

Para que o proxecto sexa financiable, a actividade que se desenvolva deberá ser algunha das incluídas dentro do concepto de nova industria:

CNAE 05 a 09: Industrias extractivas.
CNAE 10 a 33: Industria manufactureira.
CNAE 35 a 39: Subministracións de enerxía e auga e xestión de residuos.
CNAE 46: Comercio por xunto (e ao retallo) e intermediarios, excepto de vehículos de motor.
CNAE 49 a 53: Transporte e almacenamento.
CNAE 58: Edición.
CNAE 61 a 63: Telecomunicacións e actividades informáticas.
CNAE 69 a 75: Actividades profesionais, científicas e técnicas.
CNAE 80 a 82: Actividades de seguranza e investigación e outras actividades auxiliares das empresas.

Requisitos principais do proxecto

O proxecto deberá presentar un custo financiable entre 100.000 € e 1.600.000 euros.

Investimento en activos fixos e o capital circulante estrutural baixo o criterio de selección de operacións do programa operativo Feder 2014-2020 para proxectos de investimento en novos centros produtivos, ampliacións de capacidade produtiva ou investimentos necesarios para a mellora do proceso produtivo ou para a fabricación de novos produtos.

Polo menos o 35 % do custo total elixible do proxecto financiarase mediante un ou varios préstamos bancarios cun prazo de devolución igual ou superior ao préstamo do Igape. A dispoñibilidade deste financiamento acreditarase mediante unha certificación emitida pola entidade bancaria segundo o modelo do anexo 5.5 e/ou copia da póliza ou escritura de formalización da operación.

Cualificación requerida do proxecto

Os proxectos que cumpran as condicións necesarias serán avaliados conforme aos seguintes criterios:

a) Baremación específica do proxecto para a modalidade de préstamo solicitada: Para a súa aprobación deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos resultantes de sumar os seguintes valores:

1) Aproveitamento de recursos endóxenos: máximo 30 puntos.
2) Xeración de novos mercados e potenciación da exportación: máximo 30 puntos.
3) Investimento en bens de equipamento: máximo 20 puntos. 2 punto por cada 10 % de investimento en maquinaria respecto ao custo financiable total.
4) O proxecto inclúe tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0: máximo 50 puntos.
5) Emprego vinculado: máximo 20 puntos

b) Cualificación do risco de crédito: conforme á metodoloxía de avaliación descrita no Anexo 3, cualificarase ao proxecto nunha das seguintes cinco categorías: “Excelente (AAA-A)”, “Boa (BBB)”, “Satisfactoria (BB)”, “Deficiente (B)”, ou “Mala/dificultades (CC)”.

c) Cualificación da garantía, conforme aos criterios descritos no Anexo 4, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape nun dos tres niveles de colateralización: “Alta”, “Normal” e “Baixa”.

Investimentos ou gastos computables

O proxecto deberá presentar un custo financiable entre 100.000 € e 1.600.000 euros.

Investimento en activos fixos e o capital circulante estrutural baixo o criterio de selección de operacións do programa operativo Feder 2014-2020 para proxectos de investimento en novos centros produtivos, ampliacións de capacidade produtiva ou investimentos necesarios para a mellora do proceso produtivo ou para a fabricación de novos produtos.

Polo menos o 35 % do custo total elixible do proxecto financiarase mediante un ou varios préstamos bancarios cun prazo de devolución igual ou superior ao préstamo do Igape. A dispoñibilidade deste financiamento acreditarase mediante unha certificación emitida pola entidade bancaria segundo o modelo do anexo 5.5 e/ou copia da póliza ou escritura de formalización da operación.

Contía das axudas

Condicións do produto financeiro:

- O importe mínimo do préstamo será de 65.000 euros e o máximo de 1.000.000 euros. En ningún caso superará o 65 % do custo do proxecto financiable.
- O prazo de amortización será a 7 anos, incluíndo 1 ano de carencia na amortización de principal.
- Tipo de xuro:
– Tipo de referencia: será a media do euríbor a 1 ano do mes anterior á data da proposta de resolución da concesión do préstamo.
– Marxe adicional: será de 0,1 puntos porcentuais.

O tipo de xuro será do 0 % cando resulte negativo.

- Garantías: O Igape tomará garantías procurando manter unha posición similar á entidade financeira que conceda o financiamento complementario mencionado no punto D.5 do presente anexo. A garantía puntuarase conforme o anexo 4 comparativamente coa que obtería a entidade financeira.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que se esgote o crédito orzamentario para a respectiva modalidade de préstamo.

b) O 31 de decembro de 2018.

Incompatibilidades

As operacións financeiras concedidas ao amparo destas bases inclúen unha axuda implícita, equivalente ao aforro da carga financeira que supón para a beneficiaria respecto dunha operación alternativa que poderían obter no mercado financeiro.

A subvención bruta equivalente en base á diferenza entre o tipo de xuros aprobado e os xuros de mercado recollerase no acordo de Concesión e serán determinados polo Igape coa metodoloxía descrita no Anexo 2. A beneficiaria aceptará a contía determinada cando instrumente a operación, obrigándose a reintegrar a vantaxe financeira da que gozase indebidamente no caso de incumprimento das condicións da axuda. 2.

As subvencións implícitas das operacións de financiamento reguladas nas presentes bases, terán a consideración de axudas de mínimis.

A concesión destas axudas queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial a da Unión Europea. Nestes termos serán compatibles con outras a condición de que se cumpran as seguintes condicións:

a) O importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación. En particular, serán compatibles con outras axudas de mínimis, sempre que o importe total que se conceda a unha mesma empresa non supere 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite será de 100.000 € para as empresas que realicen por conta allea transporte de mercadorías por estrada.

b) A partida de gasto non estea subvencionada por outro Fondo ou instrumento da Unión distinto do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. En ningún caso, ailladamente ou en concorrencia con outras axudas, poderá subvencionarse un gasto superior ao do custo total subvencionable do proxecto.

Non se poderán utilizar as operacións financeiras reguladas nestas Bases para prefinanciar outras subvencións. Non se utilizarán outras subvencións para reembolsar as operacións financeiras reguladas nestas bases.

Referencia lexislativa

Resolución do 16 de outubro (DOG Nº206 do 30/10/2017) - Bases reguladoras

Información e tramitación en

1. Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir un formulario http://www.igape.es/gl/oficina-virtual

Unha vez xerada a solicitude deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE. As solicitudes de préstamo e achega da documentación realizarase por medios electrónicos, incluídas persoas físicas.

Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma baste para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor.

2. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación específica:

– Comunicación emitida pola entidade bancaria e/ou copia da póliza ou escritura de formalización da operación.
– Memoria do proxecto (contido indicado nas bases reguladoras)

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible

c) En caso de sociedades mercantís: 1º Escritura de constitución e dos estatutos e as súas modificacións. 2º Contas anuais correspondente ao último exercicio pechado. 3º Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

d) En caso de sociedades en constitución:
1º Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai a constituír.

2º Proxecto de estatutos da sociedade. Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade no prazo máximo dun mes desde a presentación da instancia de solicitude.

e) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

f) Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

g) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estar as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

h) No seu caso, proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

i) Relación detallada dos investimentos a realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

j) Copia do contrato de aluguer/concesión das instalacións obxecto do proxecto de investimento, no seu caso.

k) Complementariamente o Igape poderá solicitar a achega con carácter facultativo daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

Observacións

1. O prazo máximo para dispoñer dos fondos obtidos dos préstamos e o número máximo de disposicións será o establecido no acordo de concesión. En todo caso este prazo non superará o 31 de decembro de 2019 nin o período de carencia na amortización do préstamo.

2. O desembolso das operacións financeiras realizarase a solicitude da beneficiaria, conforme ao modelo do Anexo 5.2, xunto á documentación xustificativa do cumprimento de condicións para a disposición que se establecen no Anexo 1 para cada modalidade de préstamo, e no acordo individual de concesión.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica.

3. Con carácter previo ou simultáneo ao desembolso da primeira disposición dos fondos, a titular deberá presentar ante o Igape primeira copia da escritura ou póliza de préstamo debidamente liquidada e rexistrada, e será requisito que as garantías que, no seu caso, se establezan no acordo de concesión estean debidamente inscritas nos rexistros que correspondan.

4. Transcorrido o prazo máximo de disposición sen que se dispoña da totalidade dos fondos, salvo xustificación por razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo, o importe da operación financeira quedará fixado no importe efectivamente disposto. Neste suposto o Igape emitirá resolución anulando do compromiso pola parte non disposta e axustarase o importe da subvención bruta equivalente implícita no produto ao importe efectivamente utilizado.

5. Os fondos obtidos da operación financeira deberán ser aplicados exclusivamente ao pago dos conceptos de gasto financiables aprobados no acordo de concesión.

6. Para a parte dos fondos da operación destinados a financiar capital circulante, a beneficiaria abrirá unha conta corrente específica nunha entidade financeira, coa operativa sinalada no artigo 3.1.d.3.