O prazo de presentación finaliza o 29/11/2019

IG166 - CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN (2019)

Finalidade / Obxectivo

Facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e, a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior, -priorizando aos xóvenes sen ou con pouca experiencia e aos senior experimentados maiores de 45 anos en situación de desemprego- ao mesmo tempo que se apoia ás pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo a disposición das pemes e dos organismos empresariais información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.

Tipos de apoio

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciais

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas e organismos empresariais que cumpran os seguintes requisitos:

1. Empresas, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran a definición de peme, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización.

2. Asociacións empresariais, Consellos Reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, Clústers Empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro), que representen un colectivo de empresas galegas, e os Centros Tecnolóxicos e Centros de Apoio á innovación tecnolóxica e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Todos deben ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

As empresas terán que dispor do Informe de Alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización realizado a través de Programas de Igape a partir de 2013. De non dispor do citado Informe de Alta, debe solicitalo a través da oficina virtual do Igape (procedemento IG192) dentro do prazo de presentación de solicitudes.

3. Os solicitantes terán o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Os solicitantes acreditarán ter un proxecto de internacionalización para o que se require contratar profesionais en comercio exterior.

5. Os solicitantes deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, e non ser consideradas empresas en crise. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Sectores incentivables

Todos.

Requisitos principais do proxecto

* Condicións da contratación

1. Relativas ao xestor de exportación:

a) Os xestores deben contar con titulación universitaria ou coa titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional ou con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.

b) En todo caso, deberán estar dados de alta como demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego de Galicia.

c) Establécense tres perfiles de xestor, en base á idade e experiencia acadados, e nos que a intensidade da axuda irá acorde con dito perfil:

I) Mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1984.

1º En caso de titulación universitaria que non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar formación específica de postgrao en comercio internacional:

i) Bolsa de prácticas de postgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou
ii) Mestrado de comercio exterior ou
iii) Certificado de profesionalidad de comercio exterior ou comercio internacional ou
iv) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

2º. Non teren desempeñado en España con anterioridade –antes da contratación obxecto destas bases traballos por conta allea dados de alta no grupo de cotización 1 ou 2 (no caso dos titulados universitarios) ou outro grupo de cotización (no caso dos técnicos de Fp) por un período total superior a 185 días (experiencia laboral en España distinta a bolsas de formación ou prácticas), nin ter estado dado de alta como autónomo en España con anterioridade –antes da contratación obxecto destas bases– por un período superior a 185 días, nun CNAE relacionado con comercio por xunto, intermediarios do comercio ou con actividades profesionais de consultoría (CNAE 46 e 70).

3º. No caso de estaren inscritos/as no Sistema nacional de garantía xuvenil, a contía da axuda incrementarase segundo o establecido no artigo 6.1.

II) Profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1974 e antes de 1 de xaneiro de 1984

i) Bolsa de prácticas de postgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou
ii) Master de comercio exterior ou exterior ou
iii) Certificado de profesionalidad de comercio exterior ou comercio internacional ou
iv) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.
v) Experiencia laboral menor a 365 días na categoría profesional que corresponda coa titulación esixida e relacionada coa internacionalización empresarial.

III) Profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1974):

En caso de titulación universitaria que non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar formación ou experiencia laboral relacionada coa internacionalización empresarial:

i) Bolsa de prácticas de postgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial ou
ii) Master de comercio exterior ou exterior ou
iii) Certificado de profesionalidad ou
iv) Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.
v) Experiencia laboral igual ou superior a 365 días na categoría profesional que corresponda coa titulación esixida e relacionada coa internacionalización empresarial.

2. Relativos o contrato:

a) O obxecto do contrato é a realización de actividades relacionadas co proxecto de comercio exterior detallado polo beneficiario na súa solicitude de axuda, a desenvolver en Galicia ou no país destino obxecto do proxecto.
b) A modalidade do contrato poderá ser calquera das previstas na lexislación laboral vixente no momento de contratación, excepto contratos de alta dirección

3. Exclusións:

a) Exclúese das axudas establecidas neste programa a contratación dun xestor con vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou das súas empresas vinculadas.
b) Exclúense os contratos con persoas que tivesen algunha relación laboral co solicitante ou con outras empresas vinculadas nos 3 últimos anos antes da solicitude de axuda (ser bolseiro non se entende como relación laboral).

A non concorrencia destas exclusións demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

Investimentos ou gastos computables

1. Será subvencionable o custo dos contratos laborais por conta allea a tempo completo de xestores de internacionalización, baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación, acordes á finalidade de axuda, excepto contratos de alta dirección.

Os solicitantes que o desexen, teñen ao seu dispor a base de datos do Igape de xestores de internacionalización. Desta bolsa de traballo forman parte profesionais co perfil e formación orientados á internacionalización empresarial. Esta bolsa de xestores de internacionalización está aberta, indefinidamente, ás novas incorporacións de persoal que reúna os requisitos exixidos. En todo caso, si o beneficiario da axuda, contratara un xestor que non pertenza á citada base de datos do Igape, o xestor deberase dar de alta na mesma antes de presentar a primeira solicitude de cobro da subvención, e no caso de non acreditarse dito feito seralle requirido.

2. A solicitude de axuda virá referida ao desenvolvemento dun proxecto de comercio exterior que o solicitante deberá describir en detalle no formulario de solicitude da axuda.

Se o solicitante ten previsto desenvolver máis dun proxecto, pode solicitar ata un máximo de dous xestores. Nese caso, debe cubrir no formulario electrónico de solicitude a descrición en detalle de cada un dos proxectos, delimitando e diferenciando o proxecto a desenvolver por cada xestor.

O Igape valorará en función do detalle descritivo, se se identifican dous proxectos diferenciados ou non.

3. Os contratos laborais subvencionables deben ser indefinidos ou temporais por un período mínimo de duración ata a data de remate do proxecto de comercio exterior estimado polo beneficiario e que fixera constar na solicitude da axuda, ou polo tempo restante dende a contratación ata o remate do proxecto referido, no caso de contratos de xestores substitutos dos iniciais. En todo caso, o período mínimo do contrato será de 6 meses.

4. O período de contratación subvencionable (máximo 15 meses) deberá iniciarse entre a data de solicitude da axuda e ata un máximo de dous meses a partir da notificación da resolución de concesión e, en todo caso, debe estar comprendido dentro do prazo de execución.

5. Para determinar o custo subvencionable tómase como referencia o salario medio mensual bruto para a tipoloxía de contratos temporais no ano 2017, que ascende a 1.602,08 euros. Partindo deste dato, será custo subvencionable o salario mensual neto correspondente ao período de contratación, sobre o que se aplicará a porcentaxe de subvención prevista no artigo seguinte.

6. Para calcular o custo subvencionable terase en conta só o tempo efectivo dedicado ao proxecto de internacionalización. Non se subvencionará ningún día de baixa laboral do xestor nin días de permisos e doutras ausencias ao traballo distintos das vacacións e días de asuntos propios establecidos por contrato.

7. O importe de salario mensual neto subvencionable con pro rateo de pagas extra segundo o perfil ao que pertenza o xestor será o seguinte:
a) Mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1984: o importe do salario mensual neto subvencionable con pro rateo de pagas extra é de 1.358,89 €.
b) Profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1974 e antes de 1 de xaneiro de 1984: o importe do salario mensual neto subvencionable con pro rateo de pagas extra é de 1.698,61 € (un 25% de incremento sobre o perfil de mozos profesionais)
c) Profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nacidos antes do 1 de xaneiro de 1974): o importe do salario mensual neto subvencionable con pro rateo de pagas extra é de 2.038,34 € (un 50% de incremento sobre o perfil de mozos profesionais).

Contía das axudas

1. A contía da axuda calcúlase aplicando as seguintes porcentaxes sobre o custo subvencionable indicado no apartado 7 do artigo anterior:

a) 80 % no caso de contratación de mulleres ou mozos de calquera xénero inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil.

b) 70 % no resto dos casos.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 29 de novembro de 2019, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100% do gasto subvencionable. Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE, EURATOM) Nº 2018/1046, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e de outros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pago dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, conforme ao documento no que se establezan as condicións da axuda.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.

Referencia lexislativa

Resolución do 2 de agosto de 2019 (DOG Nº154 do 14/08/2019) - Bases reguladoras e convocatoria 2019

Información e tramitación en

INFORMACIÓN

- Nas oficinas territoriais do IGAPE solicitando cita previa en http://citaprevia.igape.es/
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es


TRAMITACIÓN:

Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cumprimentar previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante, do proxecto de internacionalización para o que se require contratar un especialista en comercio exterior, dos obxectivos xerais e do orzamento do proxecto, así como de declaracións relativas ao condicionado nestas bases, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.Igape.es

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica.

Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido

A fin de prestar asistencia na cumprimentación do cuestionario, o Igape dispón dun Servizo de Atención Telemática a través dos teléfonos 900 81 51 51 ou 981 541 147

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acreditación da representación con que se actúa.
b) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.
c) No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar contas anuais, contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a entidade estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Achegaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta aos efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante.
d) Documentación relativa ao emprego: Informe de traballadores en alta (ITA) emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social á data de solicitude de axuda.

Observacións

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de outubro de 2020 e o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 17 de novembro de 2020.