Luns, 28 Setembro 2015 14:04

Xornada Galicia Emprende en A Coruña

Escrito por 

O venres, día 9 de outubro, na sede da Fundación Barrie, desenvolverase a Xornada Galicia Emprende, impulsada polo Igape en colaboración coa Escuela de Organización Industrial e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora e a consolidación de novos proxectos empresariais.

Os emprendedores poderán asesorarse en marketing, finanzas e estratexia empresarial e internacional, así como grabar en vídeo os seus proxectos.  Realizaranse ademais talleres de comunicación do plan de negocio e de coaching.

Por outra banda,  terá lugar unha charla de financiamento e unha mesa redonda con experiencias de emprendedores.

A xornada forma parte dun
ciclo de encontros arredor do emprendemento que, cuio próximo evento celebrarase en  Vigo e nun Foro de Emprendemento en Santiago.

Programa xornada A Coruña

Inscrición (gratuíta)

Leer 36810 veces Modificado por última vez en Martes, 29 Setembro 2015 11:01

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios