Luns, 28 Setembro 2015 14:06

Xornada Galicia Emprende en Vigo

Escrito por 

O venres, día 16 de outubro, na sede de  Afundación, desenvolverase a Xornada Galicia Emprende impulsada polo Igape en colaboración coa Escuela de Organización Industrial e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora e a consolidación de novos proxectos empresariais.

Os emprendedores poderán asesorarse en marketing, finanzas e estratexia empresarial e internacional, así como grabar en vídeo os seus proxectos.  Realizaranse ademais talleres de comunicación do plan de negocio e de coaching.

Por outra banda,  terá lugar unha charla de financiamento e unha mesa redonda con experiencias de emprendedores.

A xornada forma parte dun
ciclo de encontros arredor do emprendemento que se se pechará en Santiago de Compostela nun un Foro de Emprendemento en Santiago.

Programa xornada Vigo

Inscrición (gratuíta)

Leer 38167 veces Modificado por última vez en Martes, 29 Setembro 2015 11:01

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios