Plan Foexga 2019 - 2020. Accións promocionais no exterior (Novo calendario de accións)

Plan de accións promocionais conxuntas no exterior, Plan Foexga 2019 - 2020.

Calendario de actuacións 2019 - 2020

O IGAPE e as Cámara de Comercio Galegas colaboran na posta en marcha dun novo plan de accións promocionais conxuntas no exterior, Plan Foexga 2019 - 2020.

As actuacións que engloban o Plan Foexga están dirixidas a:

  1. Aumentar a base de empresas exportadoras.
  2. Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
  3. Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
  4. Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

 

Destinatarios das actuacións:

Empresas galegas que dispoñan dun informe positivo en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización (IG192) realizado a través de programas do Igape.

 

Investimentos ou gastos computables:

  1. Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro).
  2. Participación en feiras ou noutros eventos expositivos que teñan lugar no estranxeiro.

 

Entidades colaboradoras adheridas ao programa:

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña (Tlf: 981216074)
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa (Tlf: 986446295)
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela (Tlf: 981596800)

 

Modo de inscrición en cada acción:

Consulte a cámara para confirmar accións e datas.

IG249 Modelo de cuestionario de  solicitude

IG249 Manual de instruccións de presentación da solicitude

 

[ Ficha Reumen Axuda ]

 

Temas relacionados: