Mércores, 11 Outubro 2017 09:13

Proxecto piloto 2016 Fábrica 4.0 do Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia

O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia concibe o piloto de fábrica 4.0 como un movemento das empresas cara á especialización, tecnificación e aumento da súa competitividade propia. Un movemento que require investimentos, desenvolvemento de novos procesos e formas de organización interna innovadoras.

Este movemento é individual de cada empresa, pero que ao mesmo tempo é realizado por todas as empresas desprazándose na mesma dirección: cara á máxima diversidade, a maior complexidade e a total competitividade do sector no mercado global.

Baixo estas premisas, dentro do proxecto prevése levar a cabo as seguintes actuacions:

Primeira transformación de madeira:

  • CARRONZA desenvolverá unha interconexión máquina-máquina posibilitando o funcionamento sincronizado dunha serra a tres caras e unha serra múltiple.
  • IRMÁNS GARCÍA ROCHA investirá en dous procesos de serrado intelixente de alta produción. Por unha banda a optimización de táboa ancha, mediante unha máquina dotada de sensores láser. Por outra banda a optimización de pezas grosas, mediante dobre serrado automatizado.
  • MADERAS TEIXEIRO investirá no desenvolvemento de axudas técnicas para reducir a penosidad e riscos laborais na manipulación de pezas pesadas durante a operación dunha ferramenta de corte de alta produción (serra múltiple).
  • SEISTAG desenvolverá e implementará un sistema de sensores, algoritmos e actuadores que posibilite o aproveitamento de madeira ancha en ferramentas de corte convencionais (serra múltiple de discos móbiles).
  • SERRERÍAS RODRÍGUEZ investirá nunha liña de alimentación automática de barras para a fabricación de tacos

 

Segunda transformación (mecanizado e colado de madeira):

  • GALOPIN PLAYGROUNDS investirá na adquisición dun centro de mecanizado con control numérico susceptible de ser operado en remoto e interconectado co resto dos procesos de produción da empresa.
  • MADERAS CAJARAVILLE investirá no deseño, subministración e posta en funcionamento dunha liña completamente automatizada para a produción flexible de cadradillo ou taco de "pallet".
  • PUERTAS BETANZOS investirá nunha nova prensa de alta produtividade compatible con protocolos máquina-máquina e sobre a que se desenvolverá a parametrización de funcionamento.
  • SEISTAG desenvolverá e implementará a automatización total dunha ferramenta convencional de mecanizado (moldureira) dotándoa de automatismos na entrada e saída de material.

 

Remanufactura (ensamblaxe e integración de compoñentes para fabricación de produtos finais):

  • ALIUSPORTA investirá na robotización (brazos robóticos e robots cartesianos) das operacións de carga, posicionamento, descarga e paletizado de material dentro de liñas de produción automatizadas.
  • PUERTAS BETANZOS investirá nunha liña de ensamblaxe e empaquetado de portas completamente automatizada. O investimento incluirá a parametrización de todas as operacións co obxectivo de alcanzar unha produtividade próxima a 1 unidade por minuto.
  • TORCULO investirá nunha liña de encadernado automático, un proceso produtivo automático e completamente flexible.

 

Sistemas de xestión da produción:

  • ALIUSPORTA implantará un sistema informático para a xestión da produción compatible coa metodoloxía "LEAN" e destinado a facer posible unha produción "xusto a tempo" no sector da fabricación de portas.
  • GALOPIN PLAYGROUNDS investirá na adquisición de hardware e software de última xeración así como no desenvolvemento de sistemas informáticos avanzados para a xestión da produción e relación co cliente.
  • PUERTAS BETANZOS implantará un sistema para a xestión automatizada da produción capaz de conectarse e monitorar as novas liñas de produción automatizada.
  • TORCULO desenvolverá dous sistemas automatizados para a xestión da información dentro da fábrica. Por unha banda a sensorización de todas as máquinas para monitorar o seu rendemento e ocupación. Por outra banda unha ferramenta informática para a automatización dos orzamentos.

 

Control de calidade de produto final e inventario:

  • COSTIÑA ORGÁNICA realizará investimentos destinados a controlar de forma intelixente tanto o secado como o embolsado da súa produción.
  • MADER CAMPO investirá no desenvolvemento dun módulo intelixente formado por sensores, algoritmos e actuadores, que sexa acoplable aos transportes de táboas e que realice de forma automática un control intensivo de humidade da madeira de pino e eucalipto.
  • MOBLESSENCE investirá na capacidade para producir a partir de simples ferros de cartón e mediante un sistema de fabricación "CAD/CAM", embalaxe a medida para a súa produción de mobiliario.
  • TORCULO investirá nun almacén intelixente no que as plataformas estean sensorizadas achegando información en tempo real sobre o stock de material e a dispoñibilidade de espazo.