Xoves, 30 Agosto 2018 13:48

Taller de axudas á dixitalización Industria 4.0

Escrito por 

Taller de Axudas á Dixitalización Industria 4.0

Auditorio Biblioteca – Cidade da Cultura – Santiago de Compostela - 6/9/2018 de 09.30 a 12.00 horas 

As Axudas á Dixitalización Industria 4.0 representan unha oportunidade para as empresas galegas de obter financiamento para proxectos que melloren as súas capacidades tecnolóxicas. Durante o ano 2018 convocáronse dous prazos de presentación: ata o 15 de marzo e ata o 21 de setembro. O sector TIC de Galicia está chamado a aproveitar estas axudas para impulsar proxectos cos seus clientes, e poderá contrastar co IGAPE as ideas de proxecto e recibir información derivada da experiencia do primeiro prazo (xa resolto).
 
Dirixido a: profesionais de empresas do sector TIC interesadas en propor proxectos aos seus clientes con apoio público, profesionais de empresas doutros sectores que vaian abordar proxectos de dixitalización
 
Inscricións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
Leer 2945 veces Modificado por última vez en Xoves, 30 Agosto 2018 14:06

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios