Venres, 26 Outubro 2018 20:57

Infraestruturas colaborativas de apoio industrial: taller de presentación da consulta

Escrito por 

Hotel Puerta del Camino, Santiago de Compostela - 5/11/2018, ás 10 h

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, activa unha consulta para coñecer a demanda que as infraestruturas colaborativas de apoio industrial teñen entre o tecido produtivo galego. A invitación, aberta a todas as empresas e asociacións empresariais galegas, así como aos demais operadores económicos, ten como obxectivo a posta en marcha dunha liña de axudas que permita impulsar este tipo de centros e instalacións industriais.

Para ofrecer información detallada desta iniciativa, o próximo luns 5 de novembro terá lugar un taller de presentación en Santiago de Compostela. Ademais de coñecer polo miúdo a quen vai dirixida a convocatoria e que infraestruturas se poden propor, os participantes na xornada disporán de información sobre o programa de actuacións previsto pola Xunta de Galicia para desenvolver este proxecto de apoio industrial.

[Máis información do taller]
Inscricións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Invitación para a manifestación de interese sobre a liña de axudas [Resolución DOG]

Leer 3900 veces Modificado por última vez en Venres, 26 Outubro 2018 21:10

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios