Antena empresarial do Igape en CHINA

 Presentación Dirección/Equipo Antena

DirectorAntenaChina 1 AnalistaAntenaChina 1
Jesús Hernández
Director de Antena China
Vivian Yan Lian
Analista de Antena China

 

China, cunha poboación de 1.4 billóns, é a segunda maior economía no mundo,  é un mercado enorme de consumo e tamén é a base máis grande de produción mundial da maioría dos sectores.

Co desenvolvemento das últimas décadas, xa existe unha proporción considerable de cidadáns chineses que conta con poder adquisitivo suficiente para consumir produtos e servizos importados de alto valor, tamén China converteuse nun investidor importante nos proxectos internacionais, construción de infraestruturas, e agroalimentación por exemplo.

En China, IGAPE conta cunha oficina situada en Xangai con saída directa á parada de metro de Wunin Road (preto do famoso templo de Jing’An en Najing Road), como analista en antenas territoriais Españolas.

 Novidades China - Impacto COVID-19 en China

China foi o primeiro país que detectou a epidemia, pero coas medidas estritas de control, o país controlou absolutamente o virus e toda a economía foise recuperando desde abril, 2020.

Despois de controlar a primeira onda, China Continental detectou 338 casos adicionais soamente, dos cales 286 foron importados. Hoxe en día China segue regulando as entradas dos viaxeiros internacionais, pero dentro do país, a vida mantense baixo a nova normalidade. As máscaras non son obrigatorias salvo no transporte urbano aínda que a maioría da xente manteña a medida voluntariamente.

Aínda que no primeiro trimestre a economía de China foi gravemente afectada por COVID-19, e o PIB de China caeu 6.8%, o dato recuperouse ata un crecemento de 3.2 en Q2 e conseguiu +4.7% en Q3. Segundo as estatísticas nacionais, en setembro o valor engadido de sector industrial en China aumentou 6.9%, o volume de retail creceu 3.3%, incluso a venda de automoción subiu 12.8%, datos que indican que o mercado doméstico de consumo está practicamente recuperado. Ao mesmo tempo, e con datos de setembro a rotación de liñas aéreas domésticas en China recuperou o número de voos ao de antes da epidemia. Segundo a estimación de IMF, China podería ser o único país que consegue un crecemento positivo de PIB en 2020.

A importación e exportación de China caeu na primeira metade do ano pero empezou a recuperar o crecemento desde Q3. Desde xaneiro ata setembro 2020, a importación total en China caeu 0.6% e a exportación subiu lixeiramente 1.8%.

Hai que destacar que a importación de agroalimentación segue crecendo co fin de satisfacer as demandas de comida do país, especialmente a carne de porco importada tivo unha subida de 132.2%, a tenreira importada 38.8%. Os produtos importantes de exportación durante este ano son electrónicos (+17.3%), téxtiles incluíndo máscaras (+37.5%), e equipos médicos (+48.2%).

 

Sección de contidos de interese para descargar:

 

A Antena Igape China presta servizos empresariais individualizados, para solicitalos acceda a través da Oficina Virtual do Igape IG263 Servizo de internacionalización Antenas do IGAPE non exterior.