Trae o teu proxecto

A Rede Galega de Business Angels mantén un proceso aberto de incorporación de proxectos emprendedores demandantes de financiamento e interesantes como oportunidade de investimento.

Os membros homologados teñen a vantaxe de ser os primeiros en acceder a información detallada sobre estes proxectos, coa garantía de que previamente foron avaliados e asesorados polos expertos da Unidade Galicia Emprende do IGAPE.

Pero os investidores poden contribuír tamén a alimentar a carteira de proxectos da Rede. Unha vez que detectan unha boa oportunidade de investimento, teñen a ocasión de mellorar e reforzar a súa aposta facilitando para ese proxecto emprendedor as vantaxes que ofrece o IGAPE:

  • Información sobre convocatorias e asesoramento no acceso aos instrumentos públicos de apoio ao emprendemento da Xunta de Galicia.
  • Soporte no acceso a outros instrumentos de financiamento como os créditos ENISA ou préstamos bancarios.
  • Formación, titorización e mentorizaxe experta para elaborar, completar ou optimizar o plan de negocio.
  • Participación en foros e roldas de investidores privados.

Para o business angel que propón o proxecto emprendedor, todo isto supón un incremento do valor do seu investimento, xa que a Rede proporciona unha plataforma de captación de fondos adicionais e servizos de mellora do plan de negocio.

Dar de alta un proxecto emprendedor é tan sinxelo como cubrir un formulario de información básica da empresa e envialo, xunto co plan de negocio, a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Máis nesta categoría: « As vantaxes de ser un anxo
Inicia sesión para enviar comentarios