Martes, 31 Marzo 2015 16:21

XORNADAS RE-ACCIONA DE XESTIÓN EMPRESARIAL: Riscos para Administradores, Directivos e Empresas nas novas disposicións legais

Escrito por 

Mércores 15 de abril de 2015. Museo Pedagóxico de Galicia, S. Lázaro 107, Santiago de Compostela

A xornada organízase para axudar a dar resposta á incerteza que existe en moitas empresas galegas acerca das modificacións das leis mercantís, penais, laborais e tributarias que deriva nun incremento das esixencias, as responsabilidades e os riscos para os administradores e os directivos e mesmo para as propias sociedades. Algúns exemplos son a necesidade de regular de forma detallada e dentro dos límites legais a r etribución dos administradores, a extensión da responsabilidade aos representantes das administradores persoas xurídicas, a responsabilidade penal das empresas, o aumento das condenas a directivos por acoso laboral, etc.

Fronte a esta situación, resulta fundamental coñecer a normativa aplicable e as tendencias jurisprudenciales e, sobre todo, as medidas preventivas que, ao amparo da Lei, as organizacións poden e deben implantar para evitar ou minimizar eses riscos.

O equipo de profesionais de PwC, expertos nas diferentes materias, exporá de forma práctica os riscos e dará pautas e recomendacións sobre as actuacións para realizar.

Programa 

10:00 h. Recepción de asistentes e café de benvida.

10:30 h. Presentación e introdución ao programa Reacciona do IGAPE

  • Javier Aguilera Navarro, Director Xeral do IGAPE
  • Juan Carlos Ramos, socio responsable de PwC en Galicia

 

10:50 h. Directivos e administradores: novo réxime de obrigacións, responsabilidades e retribución. Que medidas deben adoptar as empresas?. (Experto fiscal PwC: Alberto López Gómez)

11:15 h. Responsabilidade penal de persoas xurídicas e de directivos e administradores. Utilidade dos protocolos de prevención de delitos para reducilas ou evitalas. (Experto en dereito mercantil PwC: Carlos Javier Rodríguez Pereira)

11:40 h. Políticas laborais e cláusulas dos contratos de traballo que as empresas deben implantar para reducir os riscos propios e os dos seus directivos e administradores: confidencialidade, patentes, non competencia, uso de ferramentas TIC, prevención do acoso sexual e laboral, etc. (Experto en dereito laboral PwC: Carmen María Rodríguez Vázquez)

12:00 h. Coloquio-Debate

INSCRICIÓN

Xornada gratuita ata finalizar prazas dispoñibles.

Leer 83467 veces Modificado por última vez en Luns, 06 Abril 2015 11:01

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios