Imprimir esta páxina
Mércores, 20 Mai 2015 09:44

Os Incentivos Fiscais ao I+D+I E á Explotación de Intanxibles (Vigo)

Escrito por 

A reforma das principais figuras tributarias que entrou en vigor no ano 2015 elimina no Imposto sobre Sociedades e no IRPF para empresarios individuais a maior parte das vantaxes que en base ou en cota as sociedades e os empresarios tiñan, a cambio da redución nominal dos tipos de gravame.

Non obstante en materia de innovación amplíanse e melloran tecnicamente os incentivos existentes, de modo que é maior o abano de potenciais destinatarios da vantaxe e por iso é conveniente coñecer en que medida os diferentes axentes económicos poden gozar de vantaxes que hoxe lles están a pasar desapercibidas.

Así mesmo dótase o empresario de seguridade xurídica na súa aplicación mediante un proceso específico de determinación e cuantificación en interlocución coa Administración Tributaria. Así mesmo se prevé a posibilidade de anticipación nos seus efectos mediante a monetización da dedución, de modo que non é precisa a existencia de cota positiva para beneficiarse do incentivo.

Por todo iso é de sumo interese o coñecemento desta posibilidade tanto no relativo ao seu ámbito de aplicación coma nos aspectos procedementais para levala a cabo.

 

DATA E LUGAR

A xornada terá lugar o día 3 de xuño no Club Financiero de Vigo, na Avda. García Barbón 62.

Programa

9:30 h: Recepción de asistentes.

10:00 h: Presentación e introdución ao programa Re-Acciona do IGAPE

  •   Javier Aguilera, Director Xeral do IGAPE
  •   Juan Carlos Ramos, Socio Responsable PwC Galicia
  •   Ángel Ares Patiño, Xerente Sector Público PwC

 

10:15 h: Os incentivos fiscais ao I+D+i e á explotación de intanxibles:

  • Alejandro Rodríguez : concepto de I+D e innovación tecnolóxica. Delimitación. Consultas da DGT.
  • Sabela Alonso: Métodos de cálculo, opcións de aplicación y posibilidade de monetización.
  • Rosana Rodríguez: Patent box. Concepto, requisitos e cálculo da redución

 

12:15 h: Coloquio-Debate

INSCRICIÓN

Xornada gratuita ata finalizar prazas dispoñibles.

Leer 66776 veces Modificado por última vez en Mércores, 20 Mai 2015 10:11

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios