Servizos

¿Que servizos ofrece?

Análise de potencial competitivo

Axuda aos directivos a coñecer cal é a posición competitiva actual da empresa, orientando o seu futuro cara á mellora a través do deseño dunha ruta ideal de cambio, establecendo accións consensuadas e colaborando na súa implantación 

Optimización financeira

Descobre un servizo de asesoramento financeiro de alto nivel que potencia a viabilidade financeira da túa empresa e desenvolve a visión práctica neste área para o persoal directivo 

Mellora da produción e cadea loxística

Identifica e implanta melloras cuantificadas orientadas á eficiencia e redución de custos na cadea loxística: produción, almacenaxe, operacións...

Relanzamento comercial

Redeseña os esquemas e procedementos de comercialización da túa empresa para fortalecer as vendas

Xestión por procesos

Analiza os procesos operativos da túa empresa e implementa un modelo de xestión baseado en procesos e indicadores.

Imaxe e comunicación

Responde as preguntas “que contar?” e “como contalo?” Define e desenvolve a túa mensaxe apoiada na construción dunha imaxe positiva e homoxénea.

Plan de futuro empresarial

Deseña o futuro da túa empresa e define o conxunto de accións necesarias para poder alcanzalo, a xeito de plan de mellora global da empresa

Desenvolvemento de plans de acción

Desenvolve, cos equipos da empresa, os plans deseñados no “Plan de futuro empresarial (indicadores, metas, programación de implantación...) e inicia a implantación dun dos máis estratéxicos

Empresa familiar

Planifica a sucesión familiar ou elabora un protocolo familiar.

Adaptámonos ás circunstancias e necesidades de cada empresa

Redes de cooperación

Identifica as oportunidades de mellorar os resultados e selecciona os socios máis axeitados para o teu negocio.

Transformación de negocio

Reorienta o modelo de negocio da túa empresa ou planifica a incorporación dunha nova liña de negocio ou unha nova forma de prestación do servizo

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios