O servizo de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora do IGAPE axuda a deseñar o plan de mellora da peme galega

Luns, 16 de Febreiro 2015

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) pon a disposición das pemes galegas un servizo de Análise do Potencial Competitivo e Primeiras Accións de Mellora no marco do programa Re-Acciona.

O servizo consistirá en axudar as pemes ou autónomos a saber cal é a posición competitiva actual da empresa e as accións necesarias para a súa mellora. Para isto o servizo sustentarase nunha metodoloxía de análise contrastada, baseada nun cuestionario que contempla 42 aspectos da empresa.

O servizo será prestado polas empresas colaboradoras do servizo: Grupo OBZ Consulting, BPO Consultores e Deloitte. Estas empresas ademais serán as encargadas da implementación de determinadas accións de mellora nas empresas.

O servizo de Análise do Potencial Competitivo e Primeiras Accións de Mellora pertence o programa de servizos Re-Acciona do IGAPE, unha aposta de futuro do instituto para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas.

O custo do servizo esta subvencionado nunha gran parte polo IGAPE, sendo as tarifas variables en función de determinados requisitos. Para obter maior información pode consultar a web do proxecto:

http://www.igape.es/servizos/item/959-ana-lise-de-potencial-competitivo

O custo do servizo podera consúltalo na sección de Tarifas da presente web

Compartir en redes sociais

Tamén lle pode interesar

Inicia sesión para enviar comentarios