Domingo, 15 de Febreiro 2015
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) presenta o servizo de Relanzamento Comercial para redeseñar os esquemas e procedementos de comercialización da túa empresa.
O servizo está recomendado para aquelas empresas nas que se detecte unha debilidade nas ventas derivadas da escasa formalización dos esquemas e procedementos de comercialización.
A través do servizo realizarase un análise en profundidade do produto a comercializar, da clientela, da xestión comercial, das accións de comunicación e apoiarase no deseño dun cadro de indicadores para o seguimento dos plans de actuacións.
O axente colaborador International Team Consulting será o encargado da posta en marcha, xestión e titorización do servizo para todas aquelas pemes galegas que sexan sociedades con personalidade
xurídica propia ou autónomos, que teñan o seu centro de traballo radicado en Galicia e dispoñan dun equipo de xestión dabondo para afrontar o servicio.
Neste servizo pode participar un bolseiro durante o período de execución, que será coordinado polo axente colaborador.
O servizo de Relanzamento Comercial pertence o programa de servizos Re-Acciona do IGAPE, unha aposta de futuro do instituto para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas.
O custo do servizo esta subvencionado nunha gran parte polo IGAPE, sendo as tarifas variables en función de determinados requisitos. Para obter maior información pode consultar a web do proxecto:
http://www.igape.es/servizos/item/966-relanzamento-comercial
O custo do servizo podera consúltalo na sección de Tarifas da presente web