O servicio de optimización financeira do IGAPE profesionaliza a función financeira nas pemes galegas

Domingo, 15 de Febreiro 2015

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) presenta o servizo de Optimización Financeira para ofrecer un asesoramento de alto nivel no eido financeiro e xestión da tesourería.

O obxecto do servizo é que a partires dun proceso compartido de análise e deseño das accións e da formación específica continuada, permita os directivos e mandos das empresas unha toma eficiente de decisións, así como o desenvolvemento técnico para unha maior autonomía.

A cobertura do servizo abrangue un campo extenso como a formación financeira, os sistemas de información e control financeiro, xestión bancaria e negociación, busca de financiamento complementario, xestión de solvencia e endebedamento, etc.

O axente colaborador ARXÓN Estrategia será o encargado da posta en marcha, xestión e titorización do servizo para todas aquelas pemes galegas que sexan

sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos, que teñan o seu centro de traballo radicado en Galicia e dispoñan dun equipo de xestión dabondo para afrontar o servicio.

O servizo de Optimización Financeira pertence o programa de servizos Re-Acciona do IGAPE, unha aposta de futuro do instituto para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas.

O custo do servizo esta subvencionado nunha gran parte polo IGAPE, sendo as tarifas variables en función de determinados requisitos. Para obter maior información pode consultar a web do proxecto:

http://www.igape.es/servizos/item/969-servizos-de-financeira

O custo do servizo podera consúltalo na sección de Tarifas da presente web

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios