Optimización Financeira

¿En qué consiste?

Servizos de asesoramento de alto nivel no ámbito financeiro e xestión de tesourería.

Dirixido á toma eficiente de decisións dende a empresa, a través dun proceso compartido de análise e deseño de accións, e de formación específica continuada.

Solicite información e axuda para a inscripción

620 230 389

881 998 925

A Coruña

¿Qué beneficios lles reportará?

Potenciar a viabilidade da empresa, mediante o desenvolvemento dunha dirección eficiente con visión financeira para a toma de decisións, o establecemento de sistemas de información e control sobre a función financeira e a transmisión de coñecementos teórico-prácticos á empresa.


¿Cómo se levara a cabo? A través das seguintes fases:

Diagnosis preliminar da empresa Deseño do plan de acción específico Capacitación do equipo directivo da empresa Control interno dende a empresa Seguimento externo polo consultor Formación de personal interno Soporte documental e ferramentas de traballo para o futuro
  • Nun proceso compartido coa empresa
  • Elaborado da man da empresa
  • Definición e selección dos retos
  • Aprendizaxe durante o proceso

¿Canto tempo será necesario?

A duración aproximada do servicio é de 12 a 24 semanas.


¿Qué custo ten?

Microempresas/autónomos

Tarifa A: 672€

Pymes integradas nun clúster

Tarifa B: 1.008€

Resto de pymes

Tarifa C: 1.344€


Qué entidade colaboradora co IGAPE presta o servicio?

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios