Xoves, 02 Xullo 2015 12:07

I Taller de Marketing Expertise: Mercados Internacionais e Comercialización de Tecnoloxía

Escrito por 

No ámbito da Estratexia de internacionalización, vai desenvolverse o I taller Marketing Expertise, organizado polo Igape en colaboración da cátedra Jean Monnet da Universidade da Coruña e centrado na comercialización de tecnoloxía en mercados internacionais. O obxectivo deste primeiro taller é facilitar a especialización de capital humano de empresas TIC ou do sector de biotecnoloxía.

 

Este primeiro encontro técnico contará coa participación de Juan Sánchez, vicerreitor de investigación da Universidade de Texas en Austin, titular da Cátedra Temple Foundation Endowed e con importante experiencia no eido da comercialización de tecnoloxía, tanto en Estados Unidos como cara a outros mercados internacionais.

Día: 14 de xullo, a partir das 09:30 horas.
Lugar: Santiago, sede do Igape, San Lázaro, s/n.

As empresas participantes poderán manter encontros individualizados co experto convidado.

Programa

Inscricións

Leer 86041 veces Modificado por última vez en Venres, 03 Xullo 2015 12:58

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios