Vacia (133)

A Rede de Plataformas Empresariales no Exterior de Galicia (Pexga) organiza este mes un novo encontro empresarial cos directores das oficinas dos oito países nos que conta cunha delegación: Brasil, China, Colombia, Estados Unidos, Marrocos, México, Reino Unido e Rusia. As xornadas, que teñen un carácter eminentemente práctico, desenvolveranse entre o 13 e o 16 de outubro e están dirixidas a todo o tecido productivo galego..

Xornada Galicia Emprende en Vigo

Luns, 28 Setembro 2015 14:06 Escrito por

O venres, día 16 de outubro, na sede de  Afundación, desenvolverase a Xornada Galicia Emprende impulsada polo Igape en colaboración coa Escuela de Organización Industrial e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora e a consolidación de novos proxectos empresariais.

Os emprendedores poderán asesorarse en marketing, finanzas e estratexia empresarial e internacional, así como grabar en vídeo os seus proxectos.  Realizaranse ademais talleres de comunicación do plan de negocio e de coaching.

Por outra banda,  terá lugar unha charla de financiamento e unha mesa redonda con experiencias de emprendedores.

A xornada forma parte dun
ciclo de encontros arredor do emprendemento que se se pechará en Santiago de Compostela nun un Foro de Emprendemento en Santiago.

Programa xornada Vigo

Inscrición (gratuíta)

Xornada Galicia Emprende en A Coruña

Luns, 28 Setembro 2015 14:04 Escrito por

O venres, día 9 de outubro, na sede da Fundación Barrie, desenvolverase a Xornada Galicia Emprende, impulsada polo Igape en colaboración coa Escuela de Organización Industrial e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora e a consolidación de novos proxectos empresariais.

Os emprendedores poderán asesorarse en marketing, finanzas e estratexia empresarial e internacional, así como grabar en vídeo os seus proxectos.  Realizaranse ademais talleres de comunicación do plan de negocio e de coaching.

Por outra banda,  terá lugar unha charla de financiamento e unha mesa redonda con experiencias de emprendedores.

A xornada forma parte dun
ciclo de encontros arredor do emprendemento que, cuio próximo evento celebrarase en  Vigo e nun Foro de Emprendemento en Santiago.

Programa xornada A Coruña

Inscrición (gratuíta)

Feira ACEINT: Tecnoloxía na Nova Economía

Luns, 28 Setembro 2015 14:00 Escrito por

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), xunto coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e BICMINHO, e baixo o marco do proxecto POCTEP ACEint, organiza unha xornada, o próximo 2 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela, co obxectivo de favorecer encontros bilaterais entre empresas e entidades galegas e portuguesas enmarcadas no sector tecnolóxico.

Se a túa empresa pertence ao sector tecnolóxico e quere darse a coñecer noutros sectores, este é o teu evento.
Data: 2 de outubro de 2015
Hora: de 11:00 a 17:15 h
Lugar: Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

O programa da xornada é o seguinte:

  • 11:00-11:15 Recepción e acreditación de asistentes.
  • 11:15-11:30 Presentación institucional.
  • 11:30-12:30 Sesión inaugural “Somos híbridos”, con Enrique Dans, (  investigador, divulgador e  asesor a startups en materia de rede e tecnoloxía. Profesor de Sistemas de Información en IE Business School..
  • 12:30-13:30 Sesións paralelas:
  • Pecha-kucha “Abrindo portas” Presentacións de proxectos e empresas innovadoras. Presentado por Iñaki Quenerapú, evanxelizador dixital e pensador de nomes.
  • “Imaxinemos un futuro xuntos... Encontros bilaterais entre empresas-entidades, xa pre-concertadas e con espazo reservado.
  • 13:30-15:00 Xantar networking “Tapas híbridas”, incluído na inscrición.
  • 15:00-17:00 Espacio-lab:“Design thinking ou thinking design?” Impartido por Diego Parajó, experto en innovación social. Xeneme Intervención Social.
  • “Construción e deseño con cultura maker” Impartido por Álvaro Rey, de MakerGal.
  • 15:00-17:00 Espazo reunións
  • 17:00-17:15 Peche

Tanto se queres realizar unha presentación do teu produto/servizo/proxecto en formato pecha-kucha, como se queres formar parte dun encontro bilateral con outra empresa/entidade, ou simplemente asistir e escoitar, é necesario que cubras o formulario de inscrición.

A entrada e participación é de balde.

INSCRICIÓN

Xornada Galicia Emprende en Lugo

Luns, 28 Setembro 2015 13:46 Escrito por

O xoves, día 1 de outubro, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, desenvolverase a Xornada Galicia Emprende, impulsada polo Igape en colaboración coa Escuela de Organización Industrial e cofinanciada polo Fondo Social Europeo,co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora e a consolidación de novos proxectos empresariais.

Os emprendedores poderán asesorarse en marketing, finanzas e estratexia empresarial e internacional, así como grabar en vídeo os seus proxectos.  Realizaranse ademais talleres de comunicación do plan de negocio e de coaching.

Por outra banda,  terá lugar unha charla de financiamento e unha mesa redonda con experiencias de emprendedores.

A xornada forma parte dun
ciclo de encontros  arredor do emprendemento que se celebrarán tamén, durante as próximas semanas, en A Coruña e Vigo, así como un Foro de Emprendemento en Santiago.

Programa xornada Lugo

Inscrición (gratuíta)

O IGAPE inicia os primeiros dunha serie de programas de inmersión en inglés, relacionados coa internacionalización empresarial.

“A segunda fase de selección faráse cos inscritos ata o 9 de setembro de 2016”

Tipo de formación: presencial en grupos reducidos dun máximo de 10 persoas, en fin de semana (sábado e domingo) incluído manutención e aloxamento.

Duración dos cursos ofertados e número de prazas:

  • 4 Cursos de duración corta: 1 fin de semana no período de outubro a decembro de 2015, de temática puntual de interese para a tipoloxía de inscritos ao curso. Total 20 horas (Máximo: 40 prazas, 10 por curso).

 

Logo

Mércores, 23 de setembro de 2015 ás 10:00 horas

Museo do Mar, Vigo (Pontevedra)

O Proxecto ENTIC, www.entic.eu enmárcase na iniciativa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea no que participan 9 socios, liderados polo IGAPE. ENTIC ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento e a incorporación ás pemes de medidas de eficiencia enerxética apoiadas en solucións TIC como factor de competitividade.

Nesta xornada de peche:

1.- Presentaránse os resultados do proxecto

2.- Falarase das oportunidades que trerá consigo o novo periodo de programación FEDER 2014-2020

3.- Contarase coa participación de D. Jorge Morales de Labra, experto no sector que ten promovido e dirixido  empresas con presencia en todas as ramas do sector eléctrico: dende a producción ata a venda ao consumidor final pasando pola xestión de redes e  que falará sobre a importancia do deseño da tarifa eléctrica no aforro e eficiencia enerxéticos e o papel do autoconsumo.

4.- Finalmente terá lugar un debate coa participación dos clústeres galegos do sector enerxético máis representativos.

Asistencia gratuíta - aforamento limitado.

Programa da xornada

Logo

Dirixidos a empresas galegas con potencial/experiencia de internacionalización interesadas en manter un primeiro contato cos prescriptores internacionais.

A duración dos encontros terá unha duración máxima de 20 minutos. 

Datas: 28 de setembro de 2015 (16:00 h. a 19:00 h.)

          29  de setembro de 2015 (10.00 h. a  14:30 h.)

Lugar: Hotel AC Palacio del Carmen. Oblatas, s/n - 15703 - Santiago de Compostela

Actividade gratuíta. Prazas limitadas. Imprescindible inscrición.

En función da información empresarial subministrada nesta ficha, o perfil dos prescriptores internacionais que asisten ao evento e a dispoñibilidade de tempos, facilitarase o acceso á zona de entrevistas cunha duración prevista de 20 minutos. Non haberá reunións agendadas previamente senón que cada 20 minutos rotarán as reunións entre os participantes.

Para máis información:
Begoña Iglesias Garrote 981541678
Adriana Goméz Pardiñas 981541113

V Semana Internacional Contract: Xornada

Martes, 08 Setembro 2015 14:44 Escrito por

Ponencias, mesas de debate e espazos de networking para profundizar nas actuais tendencias e oportunidades no Canal Contract.

Data: luns 28 de setembro de 2015  (09:30 a 16:00 horas)

Lugar:  Hotel AC Palacio del Carmen. Oblatas, s/n - 15703 - Santiago de Compostela.

[Programa]

Actividade gratuíta. Prazas limitadas. Imprescindible inscrición na xornada.

Encontros individuais (B2B) con Prescriptores Internacionais inscrición nos encontros.

Para máis información: 
Begoña Iglesias Garrote    981541678
Adriana Goméz Pardiñas  981541113

Oportunidades Económicas entre Galicia e Corea

Luns, 17 Agosto 2015 13:11 Escrito por

10 setembro 2015. De 18:00 a 20:00. Igape, Santiago de Compostela.

Durante a Xornada analizaranse as oportunidades económicas entre Galicia e Corea.

[Programa]