O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) é a axencia, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria, para o desenvolvemento económico de Galicia.

Seguindo o seu principio de proximidade á sociedade e as empresas, o IGAPE conta cunha rede de oficinas que se estende por toda a comunidade galega.

logo-xesgalicia-20180710

XesGalicia é a sociedade xestora de entidades de capital risco.

A través dela, as empresas poden encontrar financiamento para os seus proxectos mediante participacións no seu capital social ou a través de préstamos participativos que poden converterse en capital. O único requisito á hora de presentar unha solicitude, é que sexan empresas non financeiras cuxos valores non coticen no primeiro mercado da Bolsa de Valores.

Servicios

  • Na fase de captación de investimentos, XesGalicia pode intervir para facilitar:
    • A busca de socios potenciais. Información sobre chan industrial.
    • Información sobre axudas institucionais para cada proxecto.
    • Acordos de cooperación entre empresas.
    • Operacións con outros fondos ou SCR
  • Nas empresas participadas, XesGalicia intervén tanto como asesora do proxecto como axente nos órganos de administración.

XesGalicia xestiona os seguintes fondos deseñados para emprendedores e empresas galegas: