Proxecto que considera unha liña de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial da provincia de Ourense.

Para iso, deseñáronse un conxunto de medidas específicas de apoio á iniciativa privada e emprendedora que achegue riqueza e equilibrio socioeconómico á provincia.

O Impulsa Ourense abrangue todas as consellerías da Xunta e ten coma obxectivo principal impulsar a economía de Ourense. Este Plan é unha aposta do goberno galego pola competitividade da provincia e polo seu reequilibrio territorial. O conselleiro anunciou o incremento dun 5 por cento ás empresas ourensás dentro das medidas de internacionalización do IGAPE.