bolseiros3O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou a oportunidade profesional que ofrece este programa aos seleccionados entre preto de 700 solicitantes, que participarán na implantación dos servizos avanzados que ofrece o plan Reacciona ás pemes para obter melloras competitivas concretas. Os seleccionados incorporaranse progresivamente, en función dos servizos solicitados polas empresas e das súas titulacións, para procurar a maior especialización e eficacia do Programa.

O Plan Revive da Xunta facilitará asesoramento directo a través de oficinas de apoio a empresas localizadas en Corcubión, Carballo e Baio. O conselleiro de Economía e Industria destaca que os emprendedores e as novas empresas poderán contar con subvencións mínimas garantidas do 25% para impulsar os seus investimentos nesta zona. Guerra salientou que, cos apoios concedidos a través do Igape, lévanse mobilizado investimentos empresariais que roldan os 70 millóns de euros.

O director do Igape, Javier Aguilera, participou na conferencia de clausura do Proxecto europeo ATClusters e adiantou que se vai manter esta dinámica de cooperación transnacional mediante o novo proxecto ATC4 Excellence, aprobado xa pola UE. Aguilera Navarro definiu aos clúster como "grandes pancas da transformación económica cara a un futuro de recuperación e crecemento".

O prazo de presentación de solicitudes para a nova convocatoria, a través da web do Igape, está aberto até o próximo 26 de outubro. O Instituto está a coordinar a implantación de servizos avanzados de mellora da competitividade en preto dun centenar de empresas que se presentaron á primeira convocatoria deste programa.

O obxectivo da iniciativa ATC4Excellence, na que participa a Consellería de Economía e Industria a través do Instituto e xunto con entidades de Irlanda, Portugal, Asturias e Cantabria, é promover as mellores prácticas nos clusters das rexións europeas implicadas. O proxecto, que busca incrementar a internacionalización destas organizacións empresariais, dálle continuidade ao exitoso ATClusters, liderado polo Igape.