O Igape convoca 100 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación teórica ou práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) organiza diferentes actividades formativas directamente ou colaborando con distintas entidades (concellos, universidades, consellería de Cultura, Educación e O.U., asociacións empresariais…) destinadas a fomentar a creación, maduración e consolidación de empresas así como a difundir a cultura emprendedora na nosa Comunidade.