Xornadas de atención personalizada axudas de internacionalización - XANEIRO

Co obxecto de presentarlle información e asesoramento pesonalizado sobre as axudas de internacionalización, (Programa FOEXGA, Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios) poñemos á súa disposición o equipo técnico da área de internacionalización do IGAPE para unha reunión persoal.

Pode solicitar cita para concretar a súa reunión nas cidades de Ferrol, a Coruña, Lugo, Ourense ou Vigo, premendo o enlace.

Xornadas de Atención Personalizada axudas de internación - XANEIRO.

Ferrol: 21 xaneiro
A Coruña: 25 xaneiro
Santiago de Compostela: 14 xaneiro, 28 xaneiro
Lugo:  16 xaneiro, 30 xaneiro
Ourense: 18 xaneiro
Vigo: 23 xaneiro

Como socio do Proxecto ECICII PLUS, o IGAPE colabora na difusión da "Misión inversa de importadores de México", organizada por AEP-Associação Empresarial de Portugal, Câmara de Comércio e Indústria, socio portugués do Proyecto ECICII PLUS.

No marco desta misión inversa, os importadores mexicanos visitarán Galicia os días 20 e 21 de novembro e celebrarán reunións B2B con empresas galegas dos sectores Contract, Agroalimentario e Kis.

As reunións terán lugar na sede da CEP (García Barbón, 104 – C.P. 36201 Vigo - Pontevedra).

En caso de estar interesado en participar nas reunións, pode realizar a inscrición na seguinte enlace:

 

Inscrición

 

Máis información: www.eciciiplus.org ou www.cep.es

 

Esta Misión inversa desenvólvese no marco do proxecto ECICII Plus para a Internacionalización das pemes da eurorrexión, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea e o FEDER.