IX Semana Internacional Contract Galicia

O IGAPE organiza a  IX Edición da  Semana Internacional Contract Galicia, que terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela os próximos días 30 de setembro a 3 de outubro.

Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, de participación e de fomento do networking que favoreza o negocio internacional.

Este ano, inclúense algunhas novidades que achegarán sen dúbida un importante valor engadido aos asistentes:

O evento amplíase ao marco da Eurorrexión (Galicia - Norte de Portugal), para o que contaremos cunha boa representación do país veciño como é a Asociación de Empresarios de Portugal (AEP) e tamén empresas de referencia portuguesas no sector do contract.

Con motivo da participación portuguesa, está previsto que a xornada inaugural se celebre o día 30 de setembro en Santiago de Compostela e a xornada de clausura en Oporto o día 3 de outubro.

Para as empresas que desexen asistir ao evento o día 3 en Portugal, disporemos dun autobús con saída da sede do IGAPE en Santiago de Compostela e regreso despois da clausura. Informaráselle do horario.

Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, de participación e de fomento do networking que favoreza o negocio internacional. Incluirá dúas actividades diferenciadas nas que as empresas galegas interesadas poderán inscribirse, a través da web do IGAPE, en función do seu perfil.

 

Xornada inaugural: luns 30 de setembro, de 9.30 a 14.30h (Santiago de Compostela)

Relatorios e mesas de debate coa posta en común das tendencias e necesidades da Canle Contract a nivel internacional.

Encontros B2B Canal Contract: martes 1 de outubro, mércores 2 outubro, de 10 a 14.30h

Terán lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela entre profesionais/industria galega e prescritores internacionais da Canle Contract co obxectivo de favorecer relacións comerciais e xeración de negocio internacional.

As reunións rotarán de xeito flexible e terán unha duración máxima 20 minutos para favorecer o maior número de contactos e a rotación entre os participantes

Xornada clausura: xoves 3 de outubro en Oporto

Inscrición gratuíta e Programa

Máis información: eciciiplus@igape.es e 981 541 108