Contratacións

Nas súas contratacións externas de bens e servicios, o Igape, de acordo coa súa forma xurídica de ente de dereito público, sométese á Lei de contratos das administracións públicas.

Polo tanto, exceptuando os casos permitidos pola Lei de contratos das administracións públicas, tódalas contratacións que o instituto realiza son anunciadas no Diario Oficial de Galicia e sometidas a un proceso regulamentado de presentación de ofertas e avaliación destas. Parte deste proceso constitúeo a descrición detallada das condicións técnicas e administrativas que rexerán as contratacións, nos documentos denominados pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas.

Seguindo a normativa vixente para as contratacións públicas dos organismos dependentes da Xunta de Galicia, a documentación relativa a estas pódese obter de xeito electrónico no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/, que está dispoñible máis abaixo, pero xa personalizado ás contratacións vixentes do Igape.

NOTA: Ata o 21/5/2008, a información sobre as contratacións resoltas publicábase directamente nesta web. A partir desa data, utilízase o sistema SIPLEX da Xunta de Galicia para publicar esta información. A continuación, ten acceso a ambos sistemas.

A Lei 25/2013 de 27 de decembro do Estado e Orde 26/02/2015 da Comunidade Autónoma de Galicia, establece:
1- Todas as facturas superiores a 5.000€,  deberán presentarse a través do punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Comunidade Autónoma, o sistema denomínase Sistema de Facturación Electrónica (SEF) e a súa ligazón é https://factura.conselleriadefacenda.es/eFactura_web/

2- A data de obrigatoria foi a partir de 15/01/2015.
3- Os provedores e acredores que facturen ao IGAPE requirirán para dar de alta, a seguinte información:

Códigos DIR3:

OFICINA CONTABLE 

ORGANO GESTOR 

 UNIDAD TRAMITADORA

 A12009502  A12009502  A12009502