Asesoramento

Os emprendedores que o desexen poden recibir asesoramento e oritentación sobre o proceso de elaboración do seu plan de empresa, así como sobre outras cuestión e dúbidas habituais no proceso de creación dunha empresa.

Unha destas dúbidas máis frecuentes é sobre as axudas e subvencións que pode recibir un proxecto empresarial, éste tipo apoios poden consultarse na Base de axudas e subvencións  do Intituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) organismo que dispón ademáis dunha liña de atención telefónica específica para informar das súas propias liñas de apoio a emprendedores e empresarios (902 300 903).

Aínda que non hai receitas máxicas, a repetición de circunstancias comúns á hora de crear unha empresa permite identificar tanto as mellores prácticas coma as dificultades ás que se enfronta un emprendedor.

As guías de actividade empresarial son unha ferramenta que valora as actividades empresariais significativas no ámbito económico de Galicia, dende o punto de vista da competitividade e das oportunidades de mercado.

Documentos que ofrecen a emprendedores e empresarios as pautas necesarias para crear a súa propia análise en temas de xestión empresarial, tales como: mercadotecnia, internacionalización, innovación, novas tecnoloxías, etc.

Recursos dos cadernos de xestión.Documentos nos que se abordan distintas áreas temáticas sobre actividades relacionadas coa xestión empresarial, xestión de rescursos financeiros, política comercial da empresa, implementar elementos 2.0, etc.

Cada modelo desenvolve un proxecto empresarial de forma íntegra, monstrando unha análise da viabilidade técnica, comercial, financeira e económica da futura empresa, co obxectivo final de presentar un documento completo que sen substituir o traballo específico do emprendedor ou técnico, lle facilite información de interese e lle sirva coma exemplo e referencia para o desenvolvemento do seu propio plan de empresa.