(PAE) IGAPE Puntos de Asesoramento ó Emprendedor

Índice do artigo

 Servizos que presta un PAE

  1. Información sobre as características da Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE), a Sociedade de Responsabilidade Limitada (SRL) e o Empresario Individual: marco legal, aspectos mercantís máis importantes, vantaxes fiscais, aspectos contables, sistemas de tramitación, normativa aplicable; ademais, ofrécese información doutras formas xurídicas vixentes no ordenamento xurídico mercantil
  2. Tramitación para a constitución de empresas mediante o sistema de tramitación telemática desenvolvido pola Dirección Xeral de Industria e da PEME, utilizando o Documento Único Electrónico (DUE). Este servizo deberá prestarse con carácter obrigatorio e gratuíto.
  3. Información sobre as axudas e incentivos para a creación de empresas aplicables ao proxecto.
  4. Información sobre o réxime de Seguridade Social aplicable, criterios de adscrición, afiliación, cotización, etc.
  5. Información xeral sobre temas de interese para as empresas, tales como: Financiamento, fiscalidade, contratación laboral, internacionalización, investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación, cooperación empresarial, etc
  6. Realizar a reserva da denominación social para a tramitación presencial da SLNE.